Chuny Bermúdez

regatista galego

Roberto Bermúdez de Castro Muñoz, coñecido como “Chuny”, nado na Coruña o 1 de marzo de 1970, é un regatista galego.

Infotaula de personaChuny Bermúdez
Biografía
Nacemento(es) Roberto Bermúdez de Castro Muñoz Editar o valor em Wikidata
1 de marzo de 1970 Editar o valor em Wikidata (54 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Altura170 cm Editar o valor em Wikidata
Peso80 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónregatista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Deportevela Editar o valor em Wikidata

Gañou a Volvo Ocean Race 2014–15, como temoneiro e trimer do iate Azzam, do equipo emiratí Abu Dhabi Ocean Racing Team, patrocinado por Ian Walker, converténdose no segundo regatista español en gañar a volta ao mundo por equipos en 40 anos de historia, despois de Joan Vila, que o fixera na 2001-02 a bordo do Illbruck.[1] Competiu nos Xogos Olímpicos de 2004 en Atenas, obtendo un décimo posto na clase Star.

Traxectoria editar

Chuny comezou a vela na clase Optimist cos seus catro irmáns e con seu pai, que era mariño mercante, no Real Club Náutico da Coruña. Pronto destacou e pasou a navegar en Laser, 470 e Snipe, clase na que acadou o seu primeiro éxito proclamándose campión de España e gañando o Trofeo Su Majestad el Rey en 1991. Foi entón cando recibiu a chamada de Javier de la Gándara para incorporarse á tripulación do Galicia 93 Pescanova e participar na Whitbread Round the World Race 1993-94. Estaba estudando Enxeñería Industrial, pero incorporouse en canto rematou os exames.[2]

Voltas ao mundo editar

Ademais da súa primeira participación co Galicia 93 Pescanova na edición 1993-94, participou noutras seis edicións, o que o converte, con sete, no español con maior número de edicións disputadas:

  • 1993-94, no Galicia 93 Pescanova.
  • 2001-02, no Assa Abloy.
  • 2005-06, no Brasil 1.
  • 2008-09, no Team Delta Lloyd.
  • 2011-12, no CAMPER co Emirates Team New Zealand.
  • 2014-15, no Abu Dhabi Ocean Racing Team.
  • 2017-18, no Team VESTAS 11th HOUR RACING

Copa América editar

Foi membro do equipo Copa América '95 Desafío Español na Copa América de 1995 e do Spanish Challenge na Copa América de 2000.

Xogos Olímpicos editar

Competiu co equipo español nos Xogos Olímpicos de Atenas de 2004 na clase Star con Pablo Arrarte, clasificándose no décimo lugar.[3]

Notas editar

  1. "Chuny, segundo rey español de los océanos" (en castelán). 28 de xuño de 2015. Consultado o 10 de novembro de 2021. 
  2. "Chuny, el mejor de todos" (en castelán). 5 de xuño de 2009. Consultado o 10 de novembro de 2021. 
  3. Margalef, Josep (6 de novembro de 2014). "'Chuny' Bermúdez: una de las claves del triunfo del 'Azzam'". As (en castelán). Consultado o 10 de novembro de 2021. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar