Abrir o menú principal

José Antonio Fernández Pla

(Redirixido desde "Chuco")

José Antonio Fernández Pla máis coñecido como Chuco, nado o 13 de setembro de 1956 en Santoña (Cantabria) é un ex-futbolista español que xogaba na demarcación de gardameta.

José Antonio Fernández Pla
Información persoal
Nacemento 13 de setembro de 1956
  Santoña
Nacionalidade España
Posición gardameta
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Comezou a xogar profesionalmente no Burgos CF, club que deixa coa desaparición do mesmo en 1983 fichando polo Celta de Vigo ao igual que o defensa Bautista. No Celta non tería demasiado protagonismo, non xogando nin un so minuto a primeira tempada ao atoparse co bo momento de forma de Javier Maté, ao igual que a tempada seguinte, a 1984/85.

A súa oportunidade chegoulle na tempada 1985/86, ao lesionarse Javier Maté no Trofeo Cidade de Vigo ante o Dinamo de Kiev e a que o porteiro suplente Patxi Villanueva estaba facendo o servizo militar. Así é como Chuco se tivo que facer cargo da portería do Celta a primeira volta do campionato, tras o mercado de inverno volvería á suplencia ao chegar ao club o galego Pereira, procedente do Atlético de Madrid.

Ao final desa tempada o equipo descende a Segunda División e Chuco deixa o equipo, con so sete encontros disputados.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar