Abrir o menú principal

Patxi Villanueva

futbolista español

Francisco Villanueva Medina, nado o 27 de xullo de 1965 en Marcilla (Navarra), foi un futbolista galego que xogaba na demarcación de gardameta.

Patxi Villanueva
Información persoal
Nacemento 27 de xullo de 1965
  Marcilla
Nacionalidade España
Posición gardameta

TraxectoriaEditar

Formouse nas categorías inferiores do Celta de Vigo, debutando co primeiro equipo o 21 de maio de 1988 contra o Sevilla FC no Sánchez Pizjuán e no que militaría 12 tempadas. Porén non volvería xogar ata a tempada 1991-92 ao estar a sombra de Javier Maté, titular indiscutibel.

Fíxose coa titularidade na tempada 1991-92 nun Celta en Segunda División pero que conseguiría o ascenso ese mesmo ano comandado por Vladimir Gudelj

Porén xa de volta en Primeira División o Celta ficha a un prometedor gardameta das categorías inferiores do club, Santiago Cañizares. Nos dous anos que Cañizares estivo no club Villanueva apenas xogou dous encontros.

En 1994 Santiago Cañizares ficha polo Real Madrid e Patxi Villanueva volve ser titular, disputando 27 encontros na tempada. Aínda estaría outros dous anos en Vigo pero sempre como suplente, primeiro á sombra de Toni Prats e despois á de Richard Dutruel.

O 25 de maio de 1997 disputou o seu último encontro co Celta en Liga, parando un penalti que supuxera a expulsión de Dutruel e facendo unha gran actuación que lle serviu para gañar o encontro ao Real Valladolid, o que foi un gran paso para manter a categoría.

Actualmente é o adestrador de gardametas do primeiro equipo do Celta de Vigo.

Véxase taménEditar