Christie Brinkley
Christie Brinkley, nada en Monroe (Míchigan) o 2 de marzo de 1954, é unha actriz estadounidense, ademais de modelo de fotografía, de pasarela, e de spots publicitarios[1].
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de febreiro de 1954 (70 anos) Monroe, Estados Unidos de América (pt) |
Educación | Lycée Français de Los Angeles (en) |
Altura | 175 cm |
Cor dos ollos | Azul |
Cor do pelo | Louro |
Actividade | |
Ocupación | actriz, actriz de cinema, empresaria, actriz de televisión, modelo, deseñadora |
Período de actividade | 1973 - |
Partido político | Partido Demócrata |
Familia | |
Cónxuxe | Peter Cook (1996–2006) Richard Taubman (1994–1995) Billy Joel (1985–1994) François Allaux (1973–1981) |
Fillos | Alexa Ray Joel () Billy Joel Jack Paris Brinkley Cook () Richard Taubman Sailor Brinkley Cook () Peter Cook |
Pai | Don Brinkley |
|
Traxectoria
editarFíxose famosa a raíz de aparecer na portada da revista Sports Illustrated Swimsuit Edition en 1979, 1980 e 1981, e do seu contrato a longo prazo con CoverGirl[1].
Casou catro veces, entre outros, co músico Billy Joel.
Coma modelo editorial, Brinkley apareceu en máis de 500 capas de revista, incluíndo Us Weekly, Vogue, Newsweek, Rolling Stone, Harper's Bazaar, Cosmopolitan, Glamour, Esquire ou Life. Tivo grandes contratos con Chanel No 19, Mastercard, Breck, Diet Coke, Anheuser-Busch, Got Milk?, Healthy choice, Max Factor, Nissan, Noxema, Revlon, Borghese Cosméticos, Clairol, Danskin, Nu Skin, Yardley of London, Halston, Vogue Patterns, Gottex, e Black Velvet, entre outros.[2][3]
Brinkley interpretou o seu primeiro papel como actriz en 1983 no éxito National Lampoon's Vacation como "Woman in the red Ferrari" con Chevy Chase; repetiron o mesmo papel en 1997 no episodio Las Vegas Vacation[2][3].
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "Biografía en The New York Times" (en inglés). Consultado o 12-9-2009.
- ↑ 2,0 2,1 www.christiebrinkley.com (en inglés)
- ↑ 3,0 3,1 "Biografía, na axencia William Morris" (PDF) (en inglés).
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Christie Brinkley |
- "Rich And Famous" Arquivado 25 de outubro de 2012 en Wayback Machine., Bruce Newman en Sports Illustrated, 7 de febreiro de 1989 (en inglés).
- "This Year's Model", artigo en New York Magazine (en inglés).
- "Christie Brinkley: American beauty" Ladies Home Journal (en inglés)