Abrir o menú principal

Christian Díaz Rodríguez, nado o 23 de marzo de 1992 nas Palmas, Canarias, é un xogador profesional español de baloncesto. Actualmente xoga para o Club Baloncesto Breogán de Lugo,[1] no que xoga na posición de base cunha altura de 1,84 metros.

Christian Díaz
Leite Río Breogán  – No. 22
Base
Información persoal
Nacemento 23 de marzo de 1992 (27 anos)
Illas Canarias As Palmas, Canarias
Nacionalidade España España
Altura 1,84 m (6 ft 2 in)
Peso oficial 80 kg (176 lb)
Información da carreira
Carreira desde 2010
Historial de equipos
Gran Canaria (2010) EBA
La Palma Isla Bonita (2010–2012) LEB
Gran Canaria 2014 (2012–2013) LEB Prata
Planasa Navarra (2013–2014) LEB
Club Ourense Baloncesto (2014–2015) LEB
Peñas Huesca (2015–2016) LEB
Ourense Provincia Termal (2016–2017) LEB
Leite Río Breogán (2017− ) ACB

TraxectoriaEditar

Nado nas Palmas de Gran Canaria, Christian Díaz formouse na canteira do CB Gran Canaria, principal club de baloncesto da súa cidade natal. No equipo canario consegue chegar a debutar no filial de Liga EBA en 2010. Posteriormente, é ascendido ao UB La Palma, equipo vinculado ao Gran Canaria en LEB Ouro, onde permance durante dúas temporadas. No seu segundo ano consegue unhas medias de 7,1 puntos e 1,8 asistencias, contribuíndo a que o equipo xogase o playoff. Nas eliminatorias é capaz de aumentar a súa aportación, conseguindo nos catro partidos que disputa 8,5 puntos e 4,3 asistencias de media. Con todo, na seguinte camapaña o equipo desaparece e Días regresa ao filial do Gran Canaria, esta vez en LEB Prata. Porén, o 5 de febreiro, antes de terminar a temporada, regresa á LEB Ouro da man do Planasa Navarra.

No conxunto pamplonica permanece unha temporda máis, facendo nesta segunda temporada 7,5 puntos, 2,6 asistencia e 2,3 rebotes por partido. Ao ano seguinte asina polo Club Ourense Baloncesto, onde consegue gañar as eliminatorias polo ascenso á Liga ACB. No equipo ourensán xoga unha media de aproximadamente 14 minutos por encontro con 4,2 puntos, 1,5 rebotes e 0,9 asistencias de media. Ao ano seguinte asina polo CB Peñas Huesca, para na temporada 2016−17 regresar ao Ourense, onde goza de moito máis protagonismo que na súa anterior etapa. De feito, a súa media de minutos por partido pasa a ser de 27, conseguindo 10,6 puntos, 4,3 asistencias e 2,7 rebotes por encontro. Tras finalizar a campaña, o Club Baloncesto Breogán anuncia a súa incorporación para a temporada 2017−18.

ClubsEditar

NotasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar