Cheryl Rae Tiegs, nada en Breckenridge, Minnesota, o 25 de setembro de 1947 é unha modelo e deseñadora de moda estadounidense. Frecuentemente é descrita como a primeira supermodelo dos Estados Unidos,[1][2][3] é coñecida polas súas múltiples aparicións nas portadas de Sports Illustrated Swimsuit Issue e Time[4][5][6] e polo seu póster de 1978 cun bikini rosa, que se converteu nunha imaxe icónica da cultura popular de década de 1970.[7][8]

Infotaula de personaCheryl Tiegs

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento25 de setembro de 1947 Editar o valor em Wikidata (76 anos)
Breckenridge, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónCalifornia State University, Los Angeles (en) Traducir
Alhambra High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altura178 cm Editar o valor em Wikidata
Cor dos ollosAzul Editar o valor em Wikidata
Cor do peloLouro Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoModelling (en) Traducir, Deseño de moda e Actuación Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónactriz , modelo , deseñador de moda Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeRod Stryker (1998–2001)
Peter Hill Beard (1981–1983)
Stan Dragoti (1970–1979)
IrmánsCecilia Peck Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0862841 Allocine: 118520 Allmovie: p70953
Twitter: cheryltiegs Instagram: officialcheryltiegs WikiTree: Tiegs-46 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Tiegs naceu en Minnesota, filla de Phyllis e Theodore Tiegs. A familia mudouse a Alhambra, California, en 1952. Cando estaba no Alhambra High School, Tiegs posou para un anuncio de traxes de baño para a compañía Cole. O anuncio, que apareceu na revista Seventeen, lanzou a súa carreira como modelo. Aínda que se matriculou en inglés na Universidade Estatal de California nos Ánxeles, deixou os estudos para buscar o éxito como modelo.[9][10]

O éxito chegoulle aos dezasete anos, despois de que a directiva da revista Glamour vise o anuncio de Cole. Tiegs foi contratada para unha sesión de fotos en Saint Thomas con Ali MacGraw, que supuxo a súa primeira portada en Glamour.[9] Ese mesmo ano apareceu nas portadas de Seventeen e Elle. Posteriormente apareceu en Vogue e Harper's Bazaar, entre outras.[11]

Tiegs foi a primeira modelo que apareceu en dúas ocasións na portada de Sports Illustrated Swimsuit Issue,[12] mais a súa sona aumentou en 1978 ao posar cun traxe de baño de malla.[13] Ademais saíu na portada de People catro veces,[14] e tres veces na de Time, destacando especialmente a portada de 1978 do artigo "All-American Model".[4] Un ano máis tarde asinou un contrato de dous anos por un millón e medio de dólares coa empresa de cosméticos CoverGirl, nese momento o maior contrato da historia.[15] En 2004 foi incluída no "Salón da Fama" do corenta aniversario do Sports Illustrated Swimsuit Issue,[16] e en 2008 apareceu na lista de People das cincuenta persoas máis belas,[17] e no artigo de 2012 de Men's Health "100 Hottest Women of All Time".[18]

Vida persoal editar

Tiegs casou en catro ocasións, co executivo de publicidade Stan Dragoti (1970–79); co fotógrafo Peter Beard (1981–83); co aspirante a actor Anthony Peck (1990–94), fillo de Gregory Peck; e co instrutor de ioga Rod Stryker (1998–2001). Tivo tres fillos: Zackary, con Peck, e os xemelgos Theo e Jaden, concibidos mediante maternidade surrogada cando estaba casada con Stryker.[10]

Notas editar

  1. "Cheryl Tiegs Biography". A&E Biography. Arquivado dende o orixinal o 02 de novembro de 2013. Consultado o 16 de outubro de 2013. 
  2. Gray, Andy (16 de maio de 2013). "Throwback Thursday: Cheryl Tiegs SwimDaily pays homage to one of the true swimsuit icons, Cheryl Tiegs". Sports Illustrated. Arquivado dende o orixinal o 02 de novembro de 2013. Consultado o 16 de outubro de 2013. 
  3. Brenoff, Ann (12 de marzo de 2013). "Cheryl Tiegs Lists L.A. Mansion For Sale". Huffington Post. Consultado o 16 de outubro de 2013. 
  4. 4,0 4,1 "Cheryl Tiegs Archive". Time. 6 de marzo de 1978. Arquivado dende o orixinal o 08 de xaneiro de 2016. Consultado o 17 de outubro de 2013. 
  5. Persad, Michelle (25 de setembro de 2012). "Cheryl Tiegs Style Evolution: From Cleavage To Covered Up". Huffington Post. 
  6. "Meet the 2012 'Celebrity Apprentice' Contestants". Rolling Stone. setembro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 18 de decembro de 2013. Consultado o 17 de outubro de 2013. 
  7. "70s Fashion Icons". Glamour Magazine. Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2014. Consultado o 17 de outubro de 2013. 
  8. Collins, Amy Fine (18 de xullo de 2012). "About Face". Vanity Fair. Arquivado dende o orixinal o 02 de novembro de 2013. Consultado o 17 de outubro de 2013. 
  9. 9,0 9,1 Quintanilla, Michael (1 de decembro de 2000). "Woman of a Certain Agelessness". Los Angeles Times. Consultado o 17 de outubro de 2013. 
  10. 10,0 10,1 Lindsay, Ela. "Cheryl Tiegs Biography". Starpulse. Arquivado dende o orixinal o 4 de marzo de 2016. Consultado o 17 de outubro de 2013. 
  11. "Cheryl Tiegs". Fashion Model Directory. Consultado o 17 de outubro de 2013. 
  12. "Cheryl Tiegs Covers". SI Vault. Consultado o 17 de outubro de 2013. 
  13. Curtis, Bryan (16 de febreiro de 2005). "The Sports Illustrated Swimsuit Issue: An intellectual history". Slate. Washington Post. Newsweek Interactive Co. LLC. Consultado o 17 de outubro de 2013. 
  14. Gray, Andy. "Happy Birthday Cheryl Tiegs". Sports Illustrated. Arquivado dende o orixinal o 02 de novembro de 2013. Consultado o 17 de outubro de 2013. 
  15. Gross, Michael (3 de abril de 1995). "Cheryl". New York Magazine (via Google Books). Consultado o 1 de novembro de 2013. 
  16. "Swimsuit Collection (40th Anniversary Hall of Fame)". 2004 (Sports Illustrated Vault). Consultado o 17 de outubro de 2013. 
  17. Quan, Karen J. (28 de abril de 2008). "Most Beautiful 2008 Beautiful at Every Age". People. Arquivado dende o orixinal o 03 de novembro de 2013. Consultado o 17 de outubro de 2013. 
  18. "Top 100 Hottest Women Of All Time According To ‘Men's Health'". CBS Local. xuño de 2013. Arquivado dende o orixinal o 02 de novembro de 2013. Consultado o 17 de outubro de 2013. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • The Way to Natural Beauty. Tiegs, Cheryl; Lindner, Vicki. 29 de outubro de 1980. Simon & Schuster. ISBN 0671248944. 284 pp.