Cherrybomb (filme)
Cherrybomb é un filme británico de 2009 dirixido por Lisa Barros D'Sa e Glenn Leyburn, protagonizado por Rupert Grint, Kimberley Nixon, Robert Sheehan e James Nesbitt. A rodaxe empezou en Belfast o 7 de xullo de 2008 e durou catro semanas.[1] O filme inclúe espidos, consumo de alcol e drogas, furtos en tendas e roubos de coches.[2] Foi publicada en DVD o 23 de agosto de 2010 no Reino Unido. Estreouse nos EUA en setembro de 2009 no Los Angeles Irish Film Festival.[3] O tema central do filme é "Cherrybomb", de The Runaways.
Cherrybomb estreouse en 2009 no Festival Internacional de Cinema de Berlín, mais inicialmente non era posíbel atopar distribuidor. As seareiras e seareiros de Grint impulsaron unha campaña co fin de lograr un acordo de distribución no Reino Unido.[4]
ArgumentoEditar
Malachy McKinny, un estudante de secundaria aplicado, traballa no Titanic Leisureplex, un centro de deportes propiedade de Dave. O seu mellor amigo é Luke, un traficante de drogas que vive co seu pai, drogadicto. Os dous mozos fican abraiados con Michelle, unha moza fermosa e con carisma que vén de mudarse de Londres para vivir co seu pai, Dave.
Luke e Malachy tentan gañar o afecto de Michelle, polo qu compiten entre eles nun desenfreo de sexo, drogas, vandalismo, roubos e pelexas. Porén, os tres adolescentes acaban por decatarse de que a situación se lles foi das mans. A festa que montan no Titanic Leisureplex remata nunha desfeita cando Dave chega e atópao todo estragado. Bótalle a culpa a Malachy, e houbo matalo a golpes, mais Luke sálvao golpeando a Dave na cabeza cun pau.
Desorientado, Dave vira amodo cara Luke, quen lle volve bater na cabeza. Malachy, ensanguentado e cheo de negróns, levántase e dille a Luke que non quere deixar alí a Michelle, quen está a chorar ante o seu pai, morto. Luke fica con Malachy "apoiándoo", até que chegan a ambulancia e a policía e son detidos para tomárenlles declaración.
O final do filme coincide coa secuencia de apertura. Malia vérense só anacos do interrogatorio final, escóitanse as últimas palabras de Malachy e Luke.[5]
RepartimentoEditar
- Rupert Grint como Malachy McKinney
- Robert Sheehan como Luke
- Kimberley Nixon como Michelle
- James Nesbitt como Dave, o pai de Michelle
- Niamh Quinn como Donna
- Paul Kennedy como Chris
- Conor MacNeill como Fanta
- Greer Ellison como Bun
- Kat Kirk como Sharon
- Kathy Kiera Clarke como Emma
- Lalor Roddy como Smiley
- Paul Garrett como Bob
- Paul Caddell como profesor de natación
- Richard Orr como Tío Joe
- Bronach Lawlor como Jessica
- Maggie Hayes como Tía Maggie
NotasEditar
NotasEditar
- ↑ . 2008-05-28 http://www.iftn.ie/news/?act1=record&aid=73&rid=4281217&tpl=archnews&only=1. Falta o
|title=
(Axuda) - ↑ . 2008-02-26 http://www.4rfv.co.uk/industrynews.asp?id=72241. Falta o
|title=
(Axuda) - ↑ http://www.screendaily.com/cherrybomb-among-five-us-premieres-at-la-irish-film-festival/5004614.article. Falta o
|title=
(Axuda) - ↑ . 2009-10-05 http://news.bbc.co.uk/2/hi/entertainment/8291429.stm. Falta o
|title=
(Axuda) - ↑ http://www.flixster.com/movie/cherrybomb-2009#. Consultado o 2010-12-02. Falta o
|title=
(Axuda)
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- Páxina web oficial
- Cherrybomb na IMDb (en inglés).