Charro!

filme de 1969 dirixido por Charles Marquis Warren

Charro! é un filme estadounidense de 1969 dirixido, producido e escrito por Charles Marquis Warren. Está protagonizado por Elvis Presley e foi rodado no Apacheland Movie Ranch e Old Tucson Studios, en Arizona. Este foi o único filme de Presley no cal non cantou en pantalla, e tampouco contou con ningunha canción, agás o tema principal, que foi interpretado nos créditos iniciais.[3] Tamén foi o único filme no que Presley levou barba.[3] O filme foi adaptado á novela por Harry Whittington.[4][5]

Charro!
Ficha técnica
Título orixinalCharro!
DirectorCharles Marquis Warren
ProdutorCharles Marquis Warren
GuiónCharles Marquis Warren
Baseado enHistoria de Frederick Louis Fox
Intérpretes
MúsicaHugo Montenegro
FotografíaEllsworth Fredericks
MontaxeAl Clark
EstudioNational General Pictures
DistribuidoraNational General Pictures
Estrea 12 de marzo de 1969[1]
Duración98 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroWéstern
Recadación1,5 millóns de dólares (só nos Estados Unidos e no Canadá)[2]
Na rede
IMDB: tt0064155 Filmaffinity: 709236 Allocine: 129719 Rottentomatoes: m/charro Allmovie: v9019 TCM: 16667 TV.com: movies/charro Netlix: 60025605Editar o valor em Wikidata

Ina Balin, Victor French, Barbara Werle e Solomon Sturges forman parte do elenco. Foi o derradeiro filme do director Charles Marquis Warren.[3] Tamén foi o único filme de Presley distribuído por National General Pictures.[6] O filme obtivo beneficios, mais non foi un grande éxito, e segue a ser unha das películas menos vistas de Presley a pesar de ser considerada entre as súas mellores en canto a unha actuación "directa" (non musical).[3]

Personaxes editar

Notas editar

  1. Charro! - History. AFI Catalog of Feature Films. American Film Institute. Consultado o 21 de abril de 2019.
  2. "Big Rental Films of 1969" in Variety, 7 de xaneiro de 1970 p. 15.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Victor, Adam (2008). The Elvis Encyclopedia. Gerald Duckworth & Co Ltd. pp. 75, 76. ISBN 978-0-7156-3816-3. 
  4. Bridges, Ben. "Harry Whittington." www.benbridges.com.uk. Consultado o 9 de decembro de 2016.
  5. De Jong, Gerrit. "Original Books Adapted Into Elvis Presley’s Movies." Arquivado 27 de xuño de 2022 en Wayback Machine. www.elvisechoesofthepast.com. Consultado o 9 de decembro de 2016.
  6. Victor, Adam (2008). The Elvis Encyclopedia. Gerald Duckworth & Co Ltd. p. 362. ISBN 978-0-7156-3816-3.