Charlotte's Web (en galego, A arañeira de Charlotte) é unha novela de literatura infantil escrita por E. B. White publicada en 1952, con ilustracións de Garth Williams. O libro narra a historia dun porco chamado Wilbur e a súa amizade cunha araña, Charlotte. Cando Wilbur vai sufrir a matanza, Charlotte escribe mensaxes na súa tea para persuadir o granxeiro de deixalo vivir.

A arañeira de Charlotte
Título orixinalCharlotte's Web
Autor/aE. B. White
Ilustrador/aGarth Williams
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
LinguaLingua inglesa
Xénero(s)Literatura infantil
EditorialHarperCollins
Data de pub.1952
Páxinas192
editar datos en Wikidata ]

Charlotte's Web está considerada como un dos clásicos da literatura infantil. Publishers Weekly incluíu o libro na lista das novelas para nenos máis vendidas no ano 2000.[1]

Charlotte's Web tivo a súa versión animada producida por Hanna-Barbera Productions e Paramount Pictures no ano 1973. Paramount publicou unha secuela, Charlotte's Web 2: Wilbur's Great Adventure, nos EUA en 2003. Tamén se fixo outra adaptación cinematográfica da historia orixinal, así como un videoxogo baseado nesta adaptación, ambos do ano 2006.

Notas editar

  1. "Paperback". Factmonster.com. Consultado o 2014-05-25. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar