Charles François de Cisternay du Fay

químico francés

Charles François de Cisternay du Fay nado en París o 14 de setembro de 1698 e finado o 16 de xullo 1739 foi un físico francés, coñecido en electrostática por diferenciar entre a electricidade positiva e a negativa e tamén por ser o primeiro mordomo do Jardin du Roy (Xardín do rei). De familia prominente con influencia en ambientes militares e eclesiásticos, o seu pai conseguiulle o nomeamento de químico adxunto na Academie des Sciences.

Charles François de Cisternay du Fay
Charles François de Cisternay du Fay.jpg
Charles François du Fay
Datos persoais
Nacemento14 de setembro de 1698
LugarParísFlag of France.svg Francia
Falecemento16 de xullo de 1739
LugarParís
CausaVaríola
Nacionalidadefrancés
Actividade
Campo
  • Química
  • Contribucións e premios
    Coñecido por
  • Carga eléctrica
  • Premiosmembro da Royal Society
    editar datos en Wikidata ]

    TraxectoriaEditar

    Aínda sen ter unha formación científica Du Fay pronto destacou nos seus experimentos sobre a electricidade ao decatarse dos traballos de Stephen Gray (quen había descuberto o fenómeno da condutividade eléctrica), dedicou a súa vida ao estudo dos fenómenos eléctricos. Publicou os seus traballos en 1733 sendo o primeiro en identificar a existencia de dous tipos de cargas eléctricas (as denominadas hoxe en día positiva e negativa), que el denominou carga vítrea e carga resinosa, debido a que ambas se manifestaban: dunha forma ao fregar, cun pano de seda, o vidro (carga positiva) e de forma distinta ao fregar, cunha pel, algunhas substancias resinosas como o ámbar ou a goma, (carga negativa).[1] Tamén distinguiu entre condutores e illantes e puxo de manifesto a repulsión entre corpos con igual carga eléctrica.

    As observacións de Du Fay en electricidade foron escritas en decembro de 1733 e logo impresas no Volume 38 da "Philosophical Transaction of the Royal Society" en 1734.

    En xullo de 1739 infectouse de varíola e morreu os poucos días.

    NotasEditar

    1. "Charles François de Cisternay Du Fay". www.britannica.com (en inglés). Consultado o 2022-04-06. 

    Véxase taménEditar

    Outros artigosEditar