Charles Bolden
Charles Frank Bolden Jr., nado en Carolina do Sur o 19 de agosto de 1946, é un astronauta estadounidense retirado e antigo administrador da NASA que formou parte das misións STS-61-C, STS-31, STS-45 e STS-60.[1][2]
Traxectoria
editarBolden graduouse en ciencias eléctricas pola Academia Naval dos Estados Unidos en 1968 e é máster en xestión de sistemas pola Universidade de California do Sur en 1977. Graduouse na Academia Militar de Annapolis como tenente segundo do Corpo de Marines dos Estados Unidos en 1968.[1][2]
Foi seleccionado como astronauta pola NASA en maio de 1980, participando nas misións STS-61-C, STS-31, STS-45 e STS-60 e pasando un total de 28,36 días no espazo. Entre o 17 de xullo de 2009 e o 20 de xaneiro de 2017 foi administrador da NASA baixo o mandato de Barack Obama.[1][2]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2022). "Bolden, Charles Frank Jr 'Charlie'" (en inglés). Consultado o 7 de setembro de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 NASA, ed. (4 de agosto de 2017). "Former Administrator Charles F. Bolden" (en inglés). Consultado o 7 de setembro de 2022.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Charles Bolden |