Chang Kee Jung

físico estadounidense

Chang Kee Jung, nado en Daegu o 24 de abril de 1955, é un físico e profesor estadounidense. Profesor da Universidade de Stony Brook, foi recoñecido como Profesor distinguido da Universidade Estatal de Nova York (SUNY) en 2015[1][2], e recibiu o premio Chanceler para Excelencia ó alto nivel de rendemento e Actividades Creativas de SUNY en 2014.[3]

Chang Kee Jung
Datos persoais
Nacemento24 de abril de 1955
LugarDaegu
NacionalidadeEstados Unidos de América
Actividade
Campofísico
Alma máterUniversidade Nacional de Seul
PremiosFellow of the American Physical Society, Fellow of the AAAS e Prêmio Lilienfeld
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Chang Kee Jung naceu en Daegu, Corea do Sur, onde de neno tiña que camiñar ata hora e media para ir á escola.[4] Trasladouse a Seúl ós 10 anos. Graduouse no Instituto de Seúl en 1973, e en Física na Universidade Nacional de Seúl en 1979, cunha interrupción breve para facer o servizo militar obrigatorio en 1976-77.[5] Durante ese período, Jung era un activo membro do Club Alpino universitario, e afeccionado á música, deixando unha composición para o club.[4] En 1980, Jung trasladouse aos EUA. para participar nun Ph.D na Universidade de Indiana en Bloomington, Indiana. Alí tamén estudou composición musical, sendo tocada unha peza súa para violín e cello no simposio de compositores de Bloomington.[4] Jung Recibiu o seu Ph.D. especializándose en Física Experimental de Altas Enerxías no 1986.[5]

Pasou a ser investigador asociar (postdoc) no Stanford Linear Accelerator (SLAC) en 1986, e logo profesor axudante en Stony Brook en 1990, titular en 2000, e Profesor Distinguido en 2015.[6]

Desde 1986-1990, Jung completou a súa investigación postdoctoral en SLAC na Universidade de Stanford, traballando no Experimento de HRS, PEP, e o Experimento MarkII, SLC.[1][5] En 1991 uniuse ó equipo do experimento Super Kamiokande (SK) no Stony Brook Nucleon decay and Neutrino (NN) Group.[7] O grupo era parte dunha coalición que participou no Super Kamiokande, que levou ao descubrimento do fenómeno da oscilación dos neutrinos. Este traballo ganou o Nobel Premio en Física en 2015.[8] Jung Serviu nos equipos directivos e comités de varios experimentos de decaemento de Neutrinos e Nucleóns, incluíndo a súa función como Co-Portavoz para a colaboración K2K US e Internacional Co-Portavoz para a colaboración T2K.[6] Os tres experimentos (Super-Kamiokande, K2K e T2K) foron recoñecidos co Premio Breakthrough en Física Fundamental en 2016.[9]

En 2019, Jung é o portavoz para a colaboración T2K US e Fundador e Líder do Comité de dirección para os obradoiros da serie da próxima xeración de detectores do decamento de Nucleóns e Neutrinos (NNN).[6] Tamén está traballando no Deep Underground Neutrino Experiment.

A física dos deportes editar

Jung propúxose estender o coñecemento da física a adestradores non-científicos e ó público durante a súa carreira docente. Presentou dous cursos dirixidos a deportistas non científicos en Stony Brook, titulados "Luz, Cor e Visión" e "A Física dos Deportes." O último, creado en 2003, era o primeiro do seu tipo en ser ofrecido nos EUA. O éxito deste curso levouno a ser solicitadopor cadeas de noticias para as súas seccións de deporte, como NBC 4 NY[10] e ABC News.[11] En particular, foi citado para achegar a súa idea científica no escándalo da NFL.[11]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Chang Kee Jung Home Page". superk.physics.sunysb.edu. Arquivado dende o orixinal o 20 de agosto de 2019. Consultado o 2019-08-20. 
  2. https://www.worldcat.org/identities/lccn-n87870137/
  3. "Chancellor's Awards - Office of the Provost". www.stonybrook.edu (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 20 de agosto de 2019. Consultado o 2019-08-20. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Fore, Meredith. "The thrill-seeking physicist". symmetry magazine (en inglés). Consultado o 2019-08-20. 
  5. 5,0 5,1 5,2 "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de outubro de 2016. Consultado o 20 de agosto de 2019. 
  6. 6,0 6,1 6,2 https://indico.fnal.gov/getFile.py/access?contribId=1&resId=1&materialId=slides&confId=9389
  7. "Stony Brook NN Group". nngroup.physics.sunysb.edu. Arquivado dende o orixinal o 20 de agosto de 2019. Consultado o 2019-08-20. 
  8. "The Nobel Prize in Physics 2015". NobelPrize.org (en inglés). Consultado o 2019-08-20. 
  9. "Breakthrough Prize – Fundamental Physics Breakthrough Prize – Laureates". breakthroughprize.org. Consultado o 2019-08-20. 
  10. Ch, John; ler. "Beckham's One-Handed TD Catch Really the Greatest?". NBC New York (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 20 de agosto de 2019. Consultado o 2019-08-20. 
  11. 11,0 11,1 News, A. B. C. "'Deflate-Gate' Explained With Animated Stick Figures". ABC News (en inglés). Consultado o 2019-08-20.