Cetartiodáctilos
Cetartiodáctilos Cetartiodactyla | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Un xibardo saltando sobre a auga
| |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Ordes | |||||||||||||||
|
Os cetartiodáctilos (Cetartiodactyla) son un clado de mamíferos placentarios que reúne as antigas ordes dos cetáceos (Cetacea) e dos artiodáctilos (Artiodactyla).
Os cetáceos son os golfiños, baleas e semellantes. Os artiodáctilos identifícanse cos animais ungulados de pezuños fendidos, como os camelos, as vacas, os cervos, o porcos e os hipopótamos, entre outros.
Taxonomía
editarClasificación
editarO clado contén os seguientes taxons, que figuran aquí coa categoría que recibiron clasicamente:
- Orde Cetacea
- Suborde Mysticeti
- Suborde Odontoceti
- Orde Artiodactyla
- Suborde Suina
- Suborde Tylopoda
- Suborden Ruminantia
Notas taxonómicas
editar- O World Register of Marine Species dálle aos Cetartiodactyla a categoría de orde, polo que habería que considerar aos cetáceos e aos artiodáctilos como subordes.[1]
- Pola súa parte, a Animal Diversity Web outorga a este grupo a categoría de superorde, incluído as ordes de cetáceos e artiodáctilos.[2]
Filoxenia
editarDurante moito tempo, a hipótese dominante sobre a orixe dos cetáceos situábaos nos mesoniquios (Mesonychia), unha orde extinta de ungulados carnívoros estreitamente emparentados cos artiodáctilos.
Fósiles recentes encontrados en Paquistán e asignados aos xéneros Pakicetus e Ambulocetus, viñeron a confirmar que os cetáceos evolucionaron a partir de artiodáctilos, cando estes xa se diferenciatan dos seus antepasados mesoniquios.
Os primeiros indicios desta relación xurdiron contra 1990, pola comparación de moléculas e xenes entre mamíferos actuais. As probas dun parentesco específico cos hipopótamos, que son artiodáctilos, non son, porén, concluíntes. En calquera caso, os hipopótamos ofrecen unha imaxe aproximada de como deberon ser as primeiras formas dos cetáceos. O cladograma seguinte mostra estas supostas relacións:[3]
Cetartiodactyla |
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
O seguinte cladograma baséase na análise de Gatesy et al. de 2013, e tan só difire do anterior no seguinte:[4]
Ruminantia |
| ||||||||||||||||||||||||||||||
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Cetartiodactyla no WoRMS.
- ↑ Cetartiodactyla en ADW.
- ↑ Order Cetartiodactyla. Even-toed ungulates... and whales! en ultimateungulate (en inglés)
- ↑ John Gatesy, Jonathan H. Geisler, Joseph Chang, Carl Buell, Annalisa Berta, Robert W. Meredith, Mark S. Springer & Michael R. McGowen (2013): "A phylogenetic blueprint for a modern whale" Molecular Phylogenetics and Evolution 66 (2): 479-506. Resumo.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cetartiodáctilos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Cetartiodáctilos |
Bibliografía
editar- Montgelard, C; F. M. Catzeflis & E. Douzery (1997): "Phylogenetic Relationships of Artiodactyls and Cetaceans as Deduced from the Comparison of Cytochrome b and 12s rRNA Mitochondrial Sequences" Mol. Biol. Evol. 14 (5): 550-559. Resumo.
- Price, S. A.; O. R. P. Bininda-Emonds & J. L. Gittleman (2005): "A complete phylogeny of the whales, dolphins and even-toed hoofed mammals (Cetartiodactyla)". Biological Review 80 (3): 445-473. Resumo.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Order Cetartiodactyla. Even-toed ungulates... and whales! en ultimateungulate (en inglés)
- Explore the Family Tree. Uncovering ungulate taxonomy en ultimateungulate (en inglés)
- Darren Naish (13 de xuño de 2010): A ‘consensus cladogram’ for artiodactyls (en inglés)
- Cetartiodactyla no WoRMS.
- Cetartiodactyla en ADW