Abrir o menú principal

Cesáreo Rivera Pérez

futbolista español

Cesáreo Rivera Pérez, nado o 9 de marzo de 1940 no Carballiño é un ex-futbolista que xogaba na demarcación de centrocampista.

Cesáreo Rivera Pérez
Nacemento9 de marzo de 1940
 O Carballiño
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónfutbolista
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Comezou a xogar na súa vila natal no Sporting e despois dun paso polo Santiago fichou polo CD Ourense, por aquel entón na Terceira División

Tras un intento frustrado de fichaxe polo Celta de Vigo ficha polo Sevilla FC na tempada 1960/61. Xogou no equipo sevillano cinco anos a moi bo nivel, chegando a disputar a Recopa de Europa.

No verán de 1965 finalmente ficha polo Celta de Vigo pese a estar este en Segunda División e ter ofertas de equipos de Primeira División coma o Atlético de Madrid.

Co Celta xogou catro tempadas en Segunda División, viviu o ascenso a Primeira, a salvación do descenso na última xornada ante o Deportivo da Coruña e finalmente o debut en competición europea, na Copa da UEFA na tempada 1970/71.

Durante a súa traxectoria no Celta Rivera foi un exemplo de rendibilidade, titular indiscutíbel, non sufriu ningunha lesión. É máis tivo unhas cifras goleadoras impresionantes, declarándose pichichi da Segunda División na tempada 1967/68, xunto ao tamén celtista Abel Fernández con 17 goles cada un.

Retirouse do fútbol xogando no Celta no ano 1972.

Véxase taménEditar