Cesáreo Durán Álvarez
Cesáreo Durán Álvarez, nado en Mos (Saiáns, Moraña) en 1887 e finado en 1973, foi un empresario, agrarista e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1887 Mos, España |
Morte | 1973 (85/86 anos) |
Alcalde de Moraña | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político , empresario |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria
editarEmigrou novo a Buenos Aires. Ao retornar foi contratista de obras. Agrarista, foi elixido alcalde de Moraña o 1 de abril de 1920. Colaborou no periódico El Bólido.[1] En 1924 foi elixido secretario da Sociedad de Oficos Varios de Moraña.[2] Foi multado con 250 pesetas polo gobernador civil de Pontevedra por "hablar mal del gobrierno" en xuño de 1926.[3] Foi nomeado alcalde por Real Orde en abril de 1930.[4] Volveu ser elixido alcalde polo artigo 29 en 1931. Permaneceu no cargo ata 1932, e despois continuou como concelleiro. Espiritista, acudiu coa delegación galega ao V Congreso Espiritista Internacional de Barcelona en 1934.[5] Co triundo fa Fronte Popular en febreiro de 1936 volveu ser alcalde de Moraña. Tras o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 houbo de agocharse e sufriu persecucións.[6]
Predecesor: Constante Diz Monteagudo |
Alcalde de Moraña 1920 - 1923 |
Sucesor: Faustino Barros Álvarez |
Predecesor: Faustino Barros Álvarez |
Alcalde de Moraña 1930 - 1932 |
Sucesor: ? |
Predecesor: ? |
Alcalde de Moraña 1936 |
Sucesor: ? |
Notas
editar- ↑ "El Bolido, 1922, nº116". Scribd (en inglés). Consultado o 2018-07-07.
- ↑ Galicia. Diario de Vigo, 26-1-1924, p. 2.
- ↑ El Progreso, 10-6-1926, p. 3.
- ↑ El Eco de Santiago, 7-4-1930, p. 2.
- ↑ Pioneros espiritistas en Galicia
- ↑ "Moraña na historia, conversa con Xosé Casal a partir del minuto 22:35". Consultado o 2023-09-19.