Cerro de los Ángeles

Coordenadas: 40°18′31″N 3°41′04″O / 40.30861111, -3.68444444

O Cerro de los Ángeles é un cerro testemuña situado no termo municipal de Xetafe, a uns 10 km ao sur de Madrid. A súa fama reside en que foi tradicionalmente considerado como o centro xeográfico da Península Ibérica.

Vista aérea do Cerro de los Ángeles.

Sobre a explanada situada na cima do cerro atópanse a Ermida da Nosa Señora dos Anxos, do século XIV, e o Monumento ao Sagrado Corazón, construído en 1919 e inaugurado polo rei Afonso XIII. Tamén hai o Seminario Diocesano Nosa Señora dos Apóstolos, lugar de formación para os sacerdotes que realizarán o seu labor apostólica na Diocese de Xetafe.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar