Central térmica de Sabón
A central térmica de Sabón é unha central térmica xa pechada, situada no polígono industrial de Sabón, no municipio de Arteixo. Estaba integrada por dúas unidades, a antiga de fueloil de 480 MW e a outra de ciclo combinado cunha potencia de 400 MW que empezou a funcionar no ano 2008. Foi creada por Fenosa, e despois pasou a ser propiedade da empresa Naturgy.
Central térmica de Sabón | |
---|---|
Edificio | |
Tipo | Central térmica |
Localización | Arteixo |
Coordenadas | 43°19′55″N 8°30′00″O / 43.33194444, -8.5Coordenadas: 43°19′55″N 8°30′00″O / 43.33194444, -8.5 |
Propietario | Naturgy |
Construción | |
Inicio | 1972 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Está situada a unha altitude de 30 msnm, limitada ao norte por Punta Cancela e a poboación de Rañobre, ao leste polo encoro de Rosadoiro, ao sur polo polígono industrial de Sabón e ao oeste pola praia da Alba.[1]
A central de fuel constaba de dous grupos, o grupo I de 120 MW e o II de 350 MW, que iniciaron as súas operacións o 20 de abril de 1972 e o 1 de abril de 1975, respectivamente.[1] Ambos foron dados de baixa en decembro de 2011 e posteriormente desmantelados.[2]
Historia
editarA central térmica de Sabón iniciou a súa actividade en 1972 con dous grupos de produción de enerxía eléctrica que utilizaban o fuelóleo como combustible principal. Naturgy (antigamente chamada Gas Natural Fenosa) solicitou en 2010 o peche dos dous grupos de fuelóleo da central térmica que, con 40 anos de antigüidade, esgotaran a súa vida útil. En 2008 empezou a funcionar o grupo de ciclo combinado, que opera con gas natural, cunha potencia de 400 MW.
A primeira pedra da central de ciclo combinado de gas de Sabón, construída por Unión Fenosa, foi colocada en xuño de 2006. O investimento estimado para a construción, desenvolvemento e posta en marcha alcanzaba os 221,3 millóns de euros e estimábase a súa posta en marcha en novembro de 2007. A localización foi elixido pola súa proximidade á planta de regasificación de Mugardos, a súa fácil conexión á rede de gasodutos e á rede eléctrica, e pola súa proximidade a Punta Langosteira.[3]
O proxecto afirmaba reducir o consumo de auga nun 35 por cento respecto das necesidades dunha central térmica convencional. [3] Aínda así, a central consome un caudal de 263.306 m3/ano procedente da rede de abastecemento municipal, ascendendo o caudal vertido de augas industriais a 101.258 m3/ano. [4]
Sabón consome 181522 toneladas ao ano de gas natural e cantidades menores de fuelóleo (3575 t/ano) e gasóleo (68 t/ano). Pola súa banda, o consumo de enerxía eléctrica ascende a 6.999 MW/h ao ano.[4]
Os principais contaminantes atmosféricos son:[4]
- Dióxido de carbono (511000 t/ano (2009))
- Óxido nitroso (39.5 t/ano (2008))
- amoníaco (27400 t/ano (2009))
- Óxidos de nitróxeno (219 t/ano (2009))
- Óxidos de xofre (1500 t/ano (2008))
- Arsénico e compostos (34,4 kg/ano (2008))
- Cadmio e compostos (68.8 kg/ano (2008))
- Cromo e compostos (236 kg/ano (2008))
- Mercurio e compostos (40.6 kg/ano (2009)) e
- Níquel e os seus compostos (125 kg/ano (2009)).
A súa cheminea de 200 metros de altura era, despois da cheminea de 356 metros da central térmica das Pontes, a segunda construción máis alta de Galicia.[5] Foi demolida en 2019.[6]
Xa aprobados os permisos para montar sobre o que era a térmica un segundo ciclo combinado, en maio de 2009 o grupo Gas Natural-Unión Fenosa propúxose a venda da central.
Con todo a operación non se concretou e a compañía descartou a conversión da vella central. En outubro de 2010 o goberno autorizou a Gas Natural-Unión Fenosa a pechar os grupos I e II da central térmica de Sabón, concedendo un termo de dous anos para o seu desmantelamento.[7]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "Declaración ambiental, Sabón, 2006" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de marzo de 2016. Consultado o 19 de xullo de 2020.
- ↑ La Voz de Galicia «La chimenea de Sabón desaparecerá a finales de mes.» Consultado o 30 de xuño de 2020
- ↑ 3,0 3,1 "Unión Fenosa construirá una planta de ciclo combinado de 800 MW en Zorita". Interempresas (en castelán).
- ↑ 4,0 4,1 4,2 "Información pública - Informe detallado CENTRAL TERMICA DE SABON | PRTR España". www.prtr-es.es.
- ↑ "Solo las chimeneas de la central térmica de Sabón y la refinería se elevan más que los edificios". La Voz de Galicia (en castelán). 12-09-2010.
- ↑ "Fin oficial de la chimenea de Sabón". La Voz de Galicia (en castelán). 21 de decembro de 2019.
- ↑ "El Gobierno faculta a Gas Natural a cerrar los ciclos de fuel de la térmica de Sabón". www.farodevigo.es.