Celso Callón Loureiro

político galego

Manuel Celso Callón Loureiro, nado en Vilanova de Arousa cara a 1912 e finado en Vilagarcía de Arousa o 22 de xullo de 1985,[1] foi un político galego.

Infotaula de personaCelso Callón Loureiro
Biografía
Nacemento1912 Editar o valor em Wikidata
Vilaxoán, España Editar o valor em Wikidata
Morte22 de xullo de 1985 Editar o valor em Wikidata (72/73 anos)
Vilagarcía de Arousa, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosCelso Callón Recuna Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Foi presidente da Juventud de Izquierda Republicana. Cando aconteceu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi enlace entre Vilagarcía e a Illa de Arousa e despois agochouse. Perseguido con especial saña, rexistraron varias veces o seu domicilio familiar da Lagoa na sospeita de que está entobado, e a noite do 14 de agosto incendiaron a casa, pero Celso xa marchara. Tras estar fuxido, entregouse en 1938. Foi xulgado por deserción en Ferrol o 2 de xuño de 1939[2] e condenado a 6 anos de prisión militar menor. Foi xogador do Arosa e vicepresidente e presidente do club. Foi presidente do Liceo de Vilagarcía. En 1975 participou na Asamblea Democrática de Arousa.[3]

Vida persoal editar

Casou en Vilagarcía de Arousa con María de la Encarnación Recuna Otero en febreiro de 1943,[4] e foi pai de Celso e Encarnación Callón Recuna.

Notas editar

  1. Faro de Vigo, 24-7-1985, p. 32.
  2. El Correo Gallego, 2-6-1939, p. 2.
  3. La Voz de Galicia, Arousa, 2-7-2000, p. 6.
  4. El Pueblo Gallego, 24-2-1943, p. 5.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar