Celestino Pais Puga
Celestino Pais Puga, nado en Bembibre (Val do Dubra) en 1928 e finado na mesma localidade o 24 de abril de 2002[1], foi un político galego que foi alcalde de Val do Dubra.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1928 Bembibre, España |
Morte | 24 de abril de 2002 (73/74 anos) Bembibre, España |
Alcalde de Val do Dubra | |
1967 – 1983 – José Pombo Grille → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Traxectoria editar
Foi nomeado alcalde de Val do Dubra no ano 1967. Nas municipais de 1979 encabezou a lista de UCD e logrou ser reelixido con maioría absoluta. En 1983 encabezou a candidatura de AP, pero foi derrotado pola Agrupación Electoral Independente, obtendo ambas as formacións 6 concelleiros, por 1 do PSdeG. AP apoiou o concelleiro socialista José Pombo Grille, que desta forma logrou a alcaldía. Nas municipais de 1987 foi o número 2 da lista de AP, que encabezou Juan Manuel Baleato Iglesias, que logrou ser a máis votada, mais non puido gobernar dado á unión do PNG (integrado polos anteriores membros da Alternativa Electoral Independente) e da CPG, polo que foi elixido alcalde o nacionalista Manuel García Monteagudo. Seguiu como concelleiro na oposición, e en 1991 retirouse da primeira liña política.
Predecesor: ? |
Alcalde de Val do Dubra 1967 - 1983 |
Sucesor: José Pombo Grille |
Vida persoal editar
Casou con Luísa Varela Fraga e tivo 2 fillas. Faleceu ós 74 anos o 24 de abril de 2002 na súa casa de Bembibre.
Notas editar
- ↑ Necrolóxica en La Voz de Galicia ed. Santiago, 25-4-2002, p. 56.