Cayetano Tomás Navarrete

futbolista español

Cayetano Tomás Navarrete Pasapar, nado en Viveiro o 21 de decembro de 1960, é un exfutbolista galego. Xogaba de defensa.

Cayetano
Información persoal
Nome Cayetano Tomás Navarrete Pasapar
Nacemento 21 de decembro de 1960 (63 anos)
Lugar de nacemento Viveiro
Posición Centrocampista
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1986–1990 Deportivo da Coruña 106 (1)
1991–1993 Compostela 12 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Na tempada 1986–87 fichou polo Deportivo da Coruña, en Segunda División. No conxunto coruñés permaneceu durante 4 tempadas, nas que foi un habitual da zaga sobre todo nas tres primeiras. Pese a que a chegada ao club de xogadores como Martín Lasarte ou Borče Sredojević fíxolle restar minutos, compartiu posto na defensa con futbolistas como Portela, Tomás Blesa ou Sabín Bilbao.

Na tempada 1991–92 foi contratado pola SD Compostela de Fernando Castro Santos, tamén en Segunda División, onde estivo 2 tempadas e participou tan só en 12 encontros.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar