Tomás Blesa

futbolista español

Tomás Ismael Blesa Noé, nado en Ariño (Teruel) o 21 de febreiro de 1962, é un exfutbolista español. Xogaba de defensa.

Tomás Blesa
Información persoal
Nome Tomás Ismael Blesa Noé
Nacemento 21 de febreiro de 1962 (62 anos)
Lugar de nacemento Ariño
Altura 178 centímetros
Posición Defensa
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1981–1985 Zaragoza 3 (0)
1985–1986 Aragón 37 (0)
1986–1987 Zaragoza 18 (2)
1987–1988 Deportivo da Coruña 34 (1)
1989–1991 Levante 69 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Debutou na tempada 1981–82 no Real Zaragoza en Primeira División, xogando un partido, logrando tan só 2 encontros máis nas seguintes dúas campañas, motivo polo que foi relegado ao equipo filial, o Deportivo Aragón, na tempada 1985–86, que militaba en Segunda División.

No filial maño xogou 37 partidos e tendo un papel protagonista, pero descendendo o equipo a Segunda División B ao final da campaña. Na tempada 1986–87 volveu á disciplina do Real Zaragoza en Primeira División, xogando 18 partidos e anotando 2 goles.

Na tempada 1987–88 fichou por unha tempada polo Deportivo da Coruña, en Segunda División. No club galego participou en 34 partidos e anotou un gol, conseguindo salvar ao conxunto coruñés do descenso nun disputado final de liga. Foi compañeiro de zaga de Portela, Cayetano Tomás Navarrete, Modesto López Novoa ou Ramón Calvo, entre outros.

Na tempada 1989–90 foi contratado polo Levante UD, onde permaneceu dúas campañas, descendendo ao final da última a Segunda División B.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar