Catro Motores de Europa

Os Catro Motores de Europa é un consorcio creado en 1988 polas rexións de Baden-Württemberg (Alemaña) con centro en Stuttgart, Cataluña (España) con centro en Barcelona, Lombardía (Italia) con centro en Milán e Ródano-Alpes (Francia) con centro en Lión, para colaborar en diferentes campos económicos, sociais e da tecnoloxía.

Os presidentes das catro rexións firmaron o 9 de setembro de 1988 en Stuttgart o convenio para cooperar en temas como a educación e a formación profesional, e potenciar o rol das rexións en Europa.

As Rexións editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar