En astronomía, unha catena é unha cadea de cráteres de impacto sobre a superficie dun corpo astronómico, coma o especifica a Unión Astronómica Internacional na súas regras de nomenclatura planetaria.[1]

A catena Enki é unha cadea de cráteres de impacto en Ganímedes, causado posiblemente por un cometa fragmentado. A imaxe cobre unha área duns 190 quilómetros de ancho. Imaxe da NASA

Pénsase que as catenas son producidas polo impacto dun corpo que foi fragmentado por forzas gravitatorias, nunha cadea de corpos menores que seguen aproximadamente a mesma traxectoria, ou por actividade volcánica, ou tamén poden ser cráteres secundarios dun impacto maior. Un exemplo é o impacto contra Xúpiter do cometa Shoemaker-Levy 9. Durante as misións do programa Voyager a Xúpiter, foron detectadas 13 catenas en Calisto e 3 en Ganímedes.

Téñense atopado cadeas de cráteres na Lúa, a miúdo radiando de cráteres máis grandes, polo que se cre que poidan tratarse de impactos secundarios producidos polo material expulsado no intre da colisión, ou por actividade volcánica produto da fisura resultante.[2]

Notas editar

  1. "Gazetteer of Planetary Nomenclature - Descriptor Terms (Feature Types)". Consultado o 2008-02-03. 
  2. "Apollo over the Moon - Chapter 5: Craters". Arquivado dende o orixinal o 19 de abril de 2013. Consultado o 2008-02-03.