Cataplexía

A cataplexía[1] consiste en episodios súbitos e xeralmente breves de perda bilateral do ton muscular durante a vixilia.

Cataplexía
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

CaracterísticasEditar

A maioría das veces os episodios aparecen en relación con emocións intensas; durante o acceso, a hipotonía ou flaccidez muscular fai que a persoa caia repentinamente.

Na narcolepsiaEditar

Pode ser o primeiro síntoma da narcolepsia, aínda que adoita presentarse despois da manifestación da somnolencia diúrna, mais existe a posibilidade de que non se dea. É considerada como o único síntoma específico da narcolepsia xa que o resto poden afectar a outras enfermidades ou trastornos. A prevalencia de cataplexía en narcolépsicos varía moito, cun rango entre 60 % e 90 %.

A cataplexía é a supresión anormal da actividade motora esquelética (é coma se os músculos se desactivasen). En persoas sas ten lugar durante o sono MOR; con todo, nos narcolépticos que sofren cataplexía esta inhibición prodúcese anormalmente fóra do contexto do sono e maniféstase como un ataque catapléxico.

A investigación sobre a cataplexía centrouse nas células da formación reticular caudal que controlan a relaxación muscular durante o sono MOR: as células do núcleo magnocelular do bulbo raquídeo.

É un trastorno do sono paradoxal, presente con gran frecuencia en narcolépticos, causado por unha inhibición xeneralizada das neuronas motrices por intrusión de elementos do sono MOR.

Véxase taménEditar

  • Clasificación internacional dos trastornos do sono

NotasEditar

  1. "Cataplexía". Real Academia Galega. Consultado o 26 de febreiro de 2021. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Pinel, John P. J. (2007). Biopsicología. Prentice-Hall. ISBN 9788420548432. 
  • Nienhuis, R.; Fahringer, H. M.; Paul, R.; Shiromani, P.; Dement, W. C.; Mignot, E.; Chiu, S. (1991). "Neuronal Activity in Narcolepsy: Identification of Cataplexy-Related Cells in the Medial Medulla" (en inglés) 252 (5010): páxs. 1315–1318.  |first1= sen |last1= in Authors list (Axuda)