Castro do Sino

poboado fortificado en Castrelo, Vimianzo

Coordenadas: 43°03′36″N 9°03′32″O / 43.059972222222, -9.0588055555556

O castro do Sino, tamén coñecido como castro de Lavandeira, Citania de Vilaseco ou da Igrexa Vella é un castro que se ergue a case 300 metros de altura sobre un monte preto do lugar de Lavandeira, no concello de Vimianzo.

Castro do Sino
ParroquiaCastrelo
ConcelloVimianzo
ProvinciaA Coruña
Comunidade autónomaGalicia
Cronoloxía
Estado actualMalo
Véxase tamén
Castros de Galicia

Características editar

Este castro aproveitou a súa localización estratéxica, no alto dun outeiro e cun gran desnivel cara ao regato de Lavandeira que o envolve pola parte noroeste. Conserva as murallas de defensa da súa parte leste e sur, e tamén os cimentos de varias vivendas circulares.

En outubro de 2002 perigou a súa existencia cando o dono do terreo, por descoñecemento do que alí tiña, intentou explanar as murallas para plantar eucaliptos[1]. Pronto se paralizou a obra e non afectou demasiado á estrutura. Si á muralla exterior e a parte dun montículo interior. Logo da agresión, un técnico de patrimonio, Tomás Rodríguez, fixo unha inspección visual do lugar e axiña atopou fragmentos de tella e cerámica.

En Patrimonio está catalogado como Citania de Vilaseco ou Igrexa Vella. Este último topónimo vén de que a igrexa de San Martiño de Castrelo estaba ó pé deste castro. No 1714 foi trasladada á súa localización actual en Castrelo. O campanario estaría situado nunha zona alta do castro, de aí o nome do Sino, do son da campá.

Dado o seu difícil acceso nunca foi moi coñecido, malia ser un dos máis importantes de Vimianzo e figurar xa desde antes de 1986 como único exemplo, xunto co castro das Barreiras, coñecido até daquela da cultura castrexa no concello[1].

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Patrimonio investiga la destrucción de una parte de un castro de Vimianzo". La Voz de Galicia. Arquivado dende o orixinal o 22/08/2016. Consultado o 2016-08-06. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • LEMA SUÁREZ, X. Mª e VVAA (2010): Terra de Soneira, no corazón da Costa da Morte. Xerais, Vigo.

Ligazóns externas editar

Outros artigos editar