Castro de Vizoño
poboado fortificado en Vizoño, Abegondo
Coordenadas: 43°09′31″N 8°19′23″O / 43.1584788, -8.322985
O castro de Vizoño é un castro situado no lugar do Castro, na parroquia de Vizoño, no concello coruñés de Abegondo[1].
Castro de Vizoño | |
---|---|
Parroquia | Vizoño |
Concello | Abegondo |
Provincia | A Coruña |
Comunidade autónoma | Galicia |
Id. catálogo | GA15001014 |
Cronoloxía | |
Estado actual | Regular |
Extensión estimada | 1.44 ha. |
Véxase tamén | |
Castros de Galicia |
MorfoloxíaEditar
Consta dun recinto fortificado de planta circular de 120 por 120 metros, defendido por un parapeto reforzado por un foxo polos lados norte e noroeste. Ó leste sufriu algunhas alteracións por unhas obras de construción, que o destruíron parcialmente polo seu extremo sudoriental. Polo lado norte o foxo ocupado por un camiño veciñal e polo oeste foi alterado pola construción dunha estrada. O castro é unha explotación gandeira.
ArqueoloxíaEditar
Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas.
NotasEditar
- ↑ "Catálogo de protección arqueolóxica no PXOM do concello de Abegondo" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de agosto de 2014. Consultado o 27 de agosto de 2013.