Castro de Vilasuso
poboado fortificado no Val, Narón
Coordenadas: 43°34′01″N 8°13′13″O / 43.56693, -8.22015
O castro de Vilasuso é un poboado castrexo situado nun pequeno outeiro na parroquia do Val[1], no concello de Narón.
Castro de Vilasuso | |
---|---|
![]() | |
Parroquia | O Val |
Concello | Narón |
Provincia | A Coruña |
Comunidade autónoma | Galiza |
Id. catálogo | GA150054001 |
Cronoloxía | |
Datas de ocupación | ? |
Períodos de escavación | non escavado |
Estado actual | abandono |
Véxase tamén | |
Castros de Galiza |
Descrición Editar
Ten forma ovalada cunhas medidas norte-sur de 50 metros e leste-oeste de 58 metros. Está situado a uns 200 metros de Pena Molexa, o camiño costeiro comunica co castro de Pena Lopesa. Debeu ter dúas murallas concéntricas parte das cales xa non existen. Ten entrada a xeito de rampla pola cara oeste.