Castro de Viladonelle

poboado fortificado en Viladonelle, Neda

Coordenadas: 43°29′07″N 8°07′12″O / 43.4851952, -8.1200803

O Castro de Viladonelle é un castro de cumio fortificado situado en Neda.

Castro de Viladonelle
ParroquiaViladonelle
ConcelloNeda
ProvinciaA Coruña
Comunidade autónomaGalicia
Id. catálogo?
Cronoloxía
Estado actualParcialmente destruído
Extensión estimada0,8 ha.
Véxase tamén
Castros de Galicia

Situado nun cumio ao pé do río Belelle, con impresionantes vistas sobre a fervenza do Belelle. Ten forma ovalada, cunhas medidas de 90 por 60 metros, cunha soa liña defensiva e foxo ao leste. Ata os anos noventa do pasado século aproveitouse como canteira deteriorando as defensas e croa. Plantado de eucaliptos.

Pese ao mal estado do castro, se se vai ao lugar Da Croa, en Viladonelle, pódese chegar a inferir a forma do castro, vendo na entrada do lugar un terraplén de terra precedido por outro máis pequeno. O castro nótase por posuír sobre el, un camiño que fai unha volta completa por dentro do castro, seguindo o perímetro interior dos antigos muros e nalgún tramo directamente sobre eles. Utilizando a ferramenta de prospección "LIDAR" pódense ver perfectamente os trazados da muralla e o murete, pero por culpa da plantación de eucaliptos no interior da fortificación, non é posible discernir ningún tipo de edificación dentro, posto que o eucalipto é unha árbore cuxas raíces deforman e se chantan moi fondamente no terreo.

Notas editar