Castro de Sequeiro
poboado fortificado en San Xiao de Narón, Narón
Coordenadas: 43°32′01″N 8°10′22″O / 43.533677777778, -8.1728694444444
Castro de Sequeiro ou Castro de Ferrerías é un castro de chaira, situado en San Xiao de Narón.
Castro de Sequeiro | |
---|---|
Parroquia | San Xiao |
Concello | Narón |
Provincia | A Coruña |
Comunidade autónoma | Galicia |
Id. catálogo | GA15054007 |
Cronoloxía | |
Períodos de escavación | non escavado |
Estado actual | abandono |
Véxase tamén | |
Castros de Galicia |
DescriciónEditar
O terreo ten unha lixeira pendente e está próximo ao río Salgueiro. Está situado fronte aos castros dos Bicás e A Revolta.
O recinto do castro ten forma ovalada. Mide uns 140 metros de N-S e 115 metros de L-O. Consérvase só algo máis da metade do recinto dunha soa muralla ao oeste. O peche do castro está formado por un desnivel do terreo. Non se aprecian estruturas dentro do castro nin construcións. O interior do castro emprégase para a cría de gando.
Galería de imaxesEditar
Véxase taménEditar
Outros artigosEditar
Ligazóns externasEditar
- Castro de Sequeiro (en castelán).