Castro de Ricos

poboado fortificado en Visantoña, Mesía

Coordenadas: 43°08′14″N 8°18′38″O / 43.137222222222, -8.3105555555556

O Castro de Ricos, Castro de Vilanova ou Castro de Medorra é un poboado castrexo situado no lugar do Castro na parroquia de Visantoña, (Mesía).

Castro de Ricos
ParroquiaVisantoña
ConcelloMesía
ProvinciaA Coruña
Comunidade autónomaGalicia
Id. catálogoGA15047016
Cronoloxía
Datas de ocupaciónIdade de ferro
Extensión estimada1 ha.
Véxase tamén
Castros de Galicia

Morfoloxía editar

O castro é un amplo recinto de forma circular con moitas irregularidades no seu trazado. Está totalmente rodeado por un parapeto, que acada na súa parte máis alta uns 3 metros. No sector setentrional ten dúas entradas: unha estreita, de orixe recente, e outra que podería ser a orixinaria. Na zona meridional foi destruída boa parte do parapeto e alí apréciase que foi construído de terra. Hai referencia de achados de muíños circulares[1].

Arqueoloxía editar

Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas. Na actualidade non se pode visitar.

Conservación editar

A titularidade está en mans privadas. A destrución do parapeto foi froito da concentración parcelaria, logo dunha distribución de terras[1].

Notas editar

  1. 1,0 1,1 [1] Arquivado 15 de xullo de 2013 en Wayback Machine. Xacementos arqueolóxicos. Plano Xeral de Ordenación Municipal de Mesía.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar