Castro de Pico do Castro

poboado fortificado en Irís, Cabanas

Coordenadas: 43°25′59″N 8°08′39″O / 43.432930555556, -8.144175

Coto do Castro ou Castro do Salto, é un castro de cumio fortificado do concello de Cabanas.[1]

Castro de Pico do Castro
ParroquiaIrís
ConcelloCabanas
ProvinciaA Coruña
Comunidade autónomaGaliza
Id. catálogoGA15015009
Cronoloxía
Períodos de escavaciónnon escavado
Estado actualabandono
Extensión estimada0,4 ha.
Véxase tamén
Castros de Galiza

Ten forma ovalada. Cun eixo maior de N-S duns 90 metros e 60 m no eixo L-O, con dobres defensas completas duns 5 metros de alto. O antecastro sitúase ao NL duns 60 metros de ancho e un 30 m de longo onde se sitúa o acceso ao castro. O castro ten vistas á ría de Ares.

Etimoloxía editar

Na documentación do Tombo de Caaveiro rexístrase como Castrum Carivio/Carivi/Carive[2]. Este segundo substantivo, de probable orixe britónica (*kar 'forte' + hivin 'teixo'[3]), foi elidido na Idade Media en favor do xenérico latino. Así, a denominación popular actual é O Castro ou Coto do Castro.

Notas editar

  1. Castros de Cabanas, O Noso Patrimonio
  2. Fernández de Viana y Vieites et allii (1996). "El Tumbo de Caaveiro". Cátedra. Revista eumesa de estudios (3): 267–437. 
  3. "Vocabularium Cornicum - Wikisource". wikisource.org (en inglés). Consultado o 2018-07-14. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar