Castro de Lourido (Viveiro)
poboado fortificado en Chavín, Viveiro
O castro de Lourido é un castro situado na parroquia de Chavín, no concello lugués de Viveiro.
Castro de Lourido (Viveiro) | |
---|---|
Parroquia | Chavín |
Concello | Viveiro |
Provincia | Lugo |
Comunidade autónoma | Galicia |
Id. catálogo | GA27066013 |
Cronoloxía | |
Extensión estimada | 1,2 ha. |
Véxase tamén | |
Castros de Galicia |
Morfoloxía
editarConsta dun recinto fortificado do cal se conserva só un reducido sector de muralla polo lado sueste. A muralla ten unha altura considerable e completa a estrutura defensiva un foxo paralelo á muralla. O sector noroeste do recinto deféndese de forma natural pola pendente sobre o río Landro.
O lugar atópase moi alterado a causa da súa utilización como canteira.
Arqueoloxía
editarNon se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Cultura castrexa |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Catálogo. PXOM de Viveiro. Setembro do 2010.