Castro de Lobadiz
O castro de Lobadiz é un castro costeiro fortificado, situado nunha península na parroquia de San Xurxo da Mariña, Ferrol.
Castro de Lobadiz | |
---|---|
Parroquia | San Xurxo da Mariña |
Concello | Ferrol |
Provincia | A Coruña |
Comunidade autónoma | Galiza |
Id. catálogo | GA15036001 |
Cronoloxía | |
Períodos de escavación | escavado parcialmente anos 1970 |
Estado actual | abandono |
Extensión estimada | 0,8 ha. |
Véxase tamén | |
Castros de Galiza |
Descrición
editarO castro ten defensas concéntricas, cun foxo no medio; formando polo leste, sobre o istmo, un arco duns 150 metros, onde está situada a entrada actual. Da terceira liña defensiva exterior só se conservan uns metros. O resto do perímetro da península está defendido por cantís. A península mide 180 metros de N-S e outros 160 metros de L-O. No castro había un torreón xa desaparecido, pódense ver restos dalgunha vivenda rectangular e con ángulos redondeados. En varias escavacións, nos anos 70, atopáronse restos de cerámica, lousas e muíños de man.
Moi preto do castro hai unha fonte e unha praia protexida. Nas illas Gabeiras, situadas fronte ao castro, téñense atopado restos de cerámica. O actual castro está abandonado, sobre el construíuse un faro e acceso para vehículos, tamén houbo un posto de vixilancia do exército agora en ruínas.
No mapa da Coruña de Francisco Coello, de 1865, a península na que está o castro recibe o nome de Punta Gabeiras ou de Levadizo.
Mitos e lendas
editarNo libro Laia, a nena da Illa[1], de Ánxela Loureiro, fálase deste castro e dos seus poboadores. A protagonista da obra, unha rapaza chamada Laia, vive diversas aventuras en relación co castro, os seus habitantes e mesmo as tropas romanas. Conta unha lenda, tamén relatada no libro, que nas proximidades do castro (e non no seu interior, como é habitual) foron atopadas, por un labrego de Valón, alfaias clasificadas por especialistas como xoias castrexas.
Notas
editarVéxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Cultura castrexa |