Abrir o menú principal

Coordenadas: 43°11′46″N 8°16′25″O / 43.196111, -8.2737456

Castro de Leiro
ParroquiaLeiro
ConcelloAbegondo
ProvinciaA Coruña
Comunidade autónomaGalicia
Id. catálogoGA15001010
Cronoloxía
Estado actualBo
Extensión estimada1.17 ha.
Véxase tamén
Castros de Galicia

O castro de Leiro é un castro situado no lugar de Loureiro na parroquia de Leiro, no concello coruñés de Abegondo.

MorfoloxíaEditar

Consta dun único recinto fortificado de forma ovalada. Está defendido por un parapeto de entre 3 e 4 metros de altura en entre 7 e 20 de anchura. No arco O-N-L o parapeto está reforzado cun foxo, que acada os 15 metros de ancho, e un segundo parapeto duns 3 metros de altura e 13 de anchura. Hai indicios de que na parte oeste houbo un segundo foxo[1]

O recinto ten 108 metros de diámetro no eixo NO-SE e 88 no eixo NE-SO[1].

O sector norte, a parte traseira, está desaparecida, co foxo cunha estrada por riba. No sector leste está tamén afectado. Inda así os resto dos sectores do castro consérvanse axeitadamente[1].

ArqueoloxíaEditar

Non se ten noticia de que se teñan realizado campañas arqueolóxicas.

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 1,2 "PXOM: Concello de Abegondo". abegondo.gal. 26 de xuño de 2012. Consultado o 19 de febreiro de 2019. 

Véxase taménEditar