Castro de Areosa-Xuanzos
poboado fortificado en Cullergondo, Abegondo
O castro de Areosa-Xuanzos é un castro situado no lugar da Areosa na parroquia de Cullergondo, no concello coruñés de Abegondo. Foi achado na elaboración do Plano Xeral de Ordenación Municipal de Abegondo[1] por referencias toponímicas e pola posterior exploración do lugar.
Castro de Areosa-Xuanzos | |
---|---|
Parroquia | Cullergondo |
Concello | Abegondo |
Provincia | A Coruña |
Comunidade autónoma | Galicia |
Cronoloxía | |
Estado actual | Pésimo, case desaparecido |
Extensión estimada | 1 ha. |
Véxase tamén | |
Castros de Galicia |
Morfoloxía
editarO castro é un amplo recinto curcular nun esporón en fronte ao rego do Corveiro. A morfoloxía non está determinada, mais hai restos de muralla e muros de cachote de certa altura no sector suroeste, posibles zonas de acceso ao castro desde o exterior[2].
Arqueoloxía
editarNon se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas. Na actualidade non está visitable.
Notas
editar- ↑ "PXOM: Concello de Abegondo". abegondo.gal. 26 de xuño de 2012. Arquivado dende o orixinal o 20 de febreiro de 2019. Consultado o 19 de febreiro de 2019.
- ↑ "Catálogo de protección arqueolóxica no PXOM do concello de Abegondo" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de agosto de 2014. Consultado o 27 de agosto de 2013.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Cultura castrexa |