Castro de Abegondo

poboado fortificado en Abegondo

Coordenadas: 43°13′26″N 8°18′00″O / 43.223888888889, -8.3

O castro de Abegondo ou Agra do Castro, é un castro situado no lugar do Castro na parroquia de Abegondo, no concello coruñés de Abegondo.

Castro de Abegondo
ParroquiaAbegondo
ConcelloAbegondo
ProvinciaA Coruña
Comunidade autónomaGalicia
Id. catálogoGA15001006
Cronoloxía
Estado actualConservado
Véxase tamén
Castros de Galicia

Descrición editar

O castro de Abegondo consta dun recinto fortificado de planta ovalada. Cunha orientación no eixe maior de NL-SO. O eixe maior mide uns 120 metros e o menor uns 100 m. Está defendido basicamente por dous terrapléns con foxo. Conta cun singular sistema de acceso, que se efectúa por medio dunha rampla que cobre o foxo e penetra na croa pasando entre dúas torres ou bastións, situada ao NL.[1]

Arqueoloxía editar

Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas. Na actualidade non está visitable.

Notas editar

  1. "Catálogo de protección arqueolóxica no PXOM do concello de Abegondo" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de agosto de 2014. Consultado o 27 de agosto de 2013. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar