Castelo de Plassenburg

O castelo de Plassenburg é un edificio construído nas alturas da cidade de Kulmbach en Baviera. É un dos castelos máis impresionantes de Alemaña e un símbolo da cidade. Durante moito tempo considerouse un modelo de construción de fortaleza.[1]

Castelo de Plassenburg
architectural heritage monument in Bavaria

Vista aérea do castelo
ConcelloKulmbach
Coordenadas50°06′30″N 11°27′48″L / 50.108219444444, 11.463447222222Coordenadas: 50°06′30″N 11°27′48″L / 50.108219444444, 11.463447222222
Estilo arquitectónico
editar datos en Wikidata ]

O castelo foi mencionado por primeira vez en 1135 durante o reinado do conde Berchtold II de Andechs.[2] Desde 1340, os membros da Casa de Hohenzollern residen neste castelo. En 1554 o castelo foi destruído e reconstruído polo arquitecto Caspar Vischer. En 1810 a cidade de Külmbach foi anexionada a Baviera. O castelo foi usado como prisión, despois como hospital militar.

Actividade cultural editar

O castelo, xestionado pola "Administración Estatal de Castelos, Xardíns e Lagos de Baviera", alberga varios museos: o museo de estatuíñas de peltre con preto de 300.000 pezas, o museo rexional do Meno e algunhas coleccións de arte nacionais. É un lugar de encontro para diversos eventos culturais.

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros proxectos editar

Ligazóns externas editar