Castelo de Dublín
O Castelo de Dublín é unha fortaleza datada no século XVIII situada en Dame Street, na capital de Irlanda. Hoxe en día acolle diversas oficinas gobernamentais, un centro de conferencias e é unha das principais atraccións turísticas de toda a illa.
Castelo de Dublín | |
---|---|
O Castelo de Dublín | |
Coordenadas | 53°20′35″N 6°16′03″O / 53.343109, -6.267394Coordenadas: 53°20′35″N 6°16′03″O / 53.343109, -6.267394 |
Estilo arquitectónico | |
[ editar datos en Wikidata ] |
HistoriaEditar
No lugar onde hoxe se ergue o castelo actual xa existía unha fortaleza medieval dende os días do rei Xoán I de Inglaterra, o primeiro Señor de Irlanda. Serviu de sede aos posteriores Señores (dende 1171 ata 1541), aos monarcas do Reino de Irlanda (1541 - 1800) e aos gobernadores do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda (1800 - 1922). Con motivo da creación do Estado Libre Irlandés deixou de ser sede dos gobernos da illa.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Castelo de Dublín |
A Galipedia ten un portal sobre: Irlanda |