Caspar David Friedrich

pintor sueco

Caspar David Friedrich, nado en Greifswald o 5 de setembro de 1774 e finado en Dresden o 7 de maio de 1840, foi o principal representante da pintura romántica alemá, xunto a Philipp Otto Runge, sendo a máis destacada no ámbito do paisaxismo.

Infotaula de personaCaspar David Friedrich

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento5 de setembro de 1774 Editar o valor en Wikidata
Greifswald (Suecia) Editar o valor en Wikidata
Morte7 de maio de 1840 Editar o valor en Wikidata (65 anos)
Dresden (Confederación Xermánica) Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemitério de Trinitatis (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Prusia (1815–)
Suecia (1774–1815) Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoPobo alemán Editar o valor en Wikidata
RelixiónLuteranismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Greifswald (pt) Traducir (1790–)
Royal Danish Academy of Fine Arts (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPintura, desenhar (pt) Traducir e Arte de paisaxes Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Dresden
Neubrandenburg
Loschwitz (en) Traducir
Copenhague
Greifswald
Viena Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpintor , gravador , debuxante , acuarelista , escultor , debuxante arquitectónico , pintor de paisaxes Editar o valor en Wikidata
EmpregadorDresden Academy of Fine Arts (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoArte de paisaxes, pintura de xénero e retrato Editar o valor en Wikidata
MovementoRomantismo na Alemanha (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Catálogo críticoQ124570386 Traducir (2013)
Q130242643 Traducir (1973)
Q130242671 Traducir (1976) Editar o valor en Wikidata
ProfesoresJohann Gottfried Quistorp (pt) Traducir, Thomas Thorild (pt) Traducir, Christian August Lorentzen (pt) Traducir e Jens Juel (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua alemá Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeCaroline Friedrich
FillosAdolf Friedrich (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
PaisAdolph Gottlieb Friedrich (en) Traducir Editar o valor en Wikidata  e Sophia Dorothea Bechly (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
IrmánsChristian Friedrich (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Sinatura
Editar o valor en Wikidata

BNE: XX947693 Musicbrainz: 1eed464d-5e84-4859-9a99-065260458d90 Discogs: 2233757 WikiTree: Friedrich-345 Find a Grave: 18425677 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Primeiros anos (1774-1800)

editar

Caspar David Friedrich era o sexto dos nove fillos de Adolf Gottlieb Friedrich, un fabricante de candeas e xabóns de Greifswald, e a súa dona Sophie Dorothea Friedrich, de solteira Bechly. Greifswald pertencía, con toda Nova Pomerania Anterior e dende a guerra dos trinta anos á coroa sueca. Ambos os proxenitores procedían da cidade de Neubrandenburg, actual Mecklemburgo-Pomerania Occidental, que Friedrich visitou en varias ocasións.

 
Camiñante sobre o mar de néboa (1817-1818)

Foi educado segundo a relixión protestante da súa familia. Varios falecementos acontecidos na súa familia ao longo da súa infancia fixeron que a Friedrich lle abordase intensamente o tema da morte. Así, en 1781 morreu a súa nai; ao ano seguinte, a súa irmá Elisabeth de vexigas; en 1787 o seu irmán Johann Christoffer, afogado ao tentar salvar ao propio Caspar quen se afundira no xeo, o que lle conmoveu tanto pola súa curta idade, 7 anos, como por crerse culpable de tal suceso; e, finalmente, a súa irmá María en 1791 polo tifo.

Cara 1790, cando tiña 16 anos, e quizais xa en 1788, recibiu clases de Johann Gottfried Quistrop, profesor de Debuxo da Universidade de Greifswald, quen probablemente lle transferiu o seu entusiasmo pola paisaxe da súa terra natal.

Entre 1794 e 1798 estudou na Academia Real de Belas Artes de Copenhaguen, fundada en 1754 segundo o modelo francés e considerada por entón unha das Academias máis modernas. Alí foi alumno de Nicolai Abildgaard e, sobre todo, de August Lorentzen e Jens Juel, un dos pintores dinamarqueses máis importantes do século XVIII. Pintou baleirados de xeso de esculturas clásicas, formándose máis como debuxante que como pintor.

En 1798 regresou a Greifswald, renovando a súa amizade co poeta e patriota «demagogo» Ernst Moritz Arndt e, no outono do mesmo ano, trasladouse a Dresde, o centro do movemento romántico alemán, onde acabou de formarse.

En Dresde viviu como pintor e mantivo a súa residencia ata a súa morte. Frecuentou sobre todo ao pintor e deseñador Philipp Otto Runge, formado coma el na Academia de Copenhaguen e aos escritores e poetas Ludwig Tieck e Novalis, formando xunto a eles o centro literario-artístico do romanticismo alemán. Foi Friedrich un pintor-filósofo, que contaba entre as súas amizades non só con pintores (Runge, Dahl, Kersting, Kügelgen, Ferdinand Hartmann, e Louise Seidler), senón tamén con escultores (Christian Gottlieb Kühn), poetas (Tieck, Heinrich von Kleist), o filósofo e naturalista Gotthilf Heinrich Schubert.

En 1799 expuxo por primeira vez a súa obra, debuxos de paisaxes, na Academia de Belas Artes de Dresde.

Véxase tamén

editar