Asasinato de Rocío Wanninkhof
Rocío Wanninkhof Hornos, nada o 9 de novembro de 1979 e finada o 9 de outubro de 1999, foi unha moza adolescente española que foi asasinada na súa vila natal, en Mijas, Málaga, localizada no Costa do Sol. En 2001, en medio da presión popular e o circo dos medios de comunicación (definido en ocasións como un "linchamento público" do acusado),[1][2] un xuízo con xurado condenou a María Dolores "Loli" Vázquez, de 52 anos, polo asasinato, aínda que non existían probas que a relacionasen co crime. Vázquez era a amante separada da nai de Wanninkhof, Alicia Hornos. Este erro xudicial foi atribuído aos prexuízos sobre a homosexualidade de Vázquez e a fabricación dunha narrativa sen fundamento sobre a súa condición de lesbiana "dominante" e "depredadora".[3] Tamén se citaron falsas interpretacións do comportamento de Vázquez debido á súa orixe galega e a educación tradicional británica en disonancia coas normas, actitudes e expectativas sociais locais.[4]
Asasinato de Rocío Wanninkhof | ||||
---|---|---|---|---|
Tipo | asasinato ![]() | |||
Parte de | historia LGBT en España ![]() | |||
Localización | ||||
Localización | Mijas ![]() | |||
| ||||
Data | ||||
Data | 1999 ![]() | |||
Implicados | ||||
Persoa relevante | Rocío Wanninkhof, Tony Alexander King e Dolores Vázquez ![]() | |||
[ Wikidata ] |

Tres meses despois da condena de Vázquez, o Tribunal Superior de Xustiza de Andalucía anulou a sentenza e ordenou un novo xuízo. Porén, tódolos cargos contra Vázquez foron retirados cando o ADN atopado preto do corpo de Wanninkhof se comparou con Tony Alexander King, un delincuente sexual británico de 32 anos cun longo historial criminal no Reino Unido, e quen tamén foi identificado mediante ADN como o autor do asasinato de Sonia Carabantes, de 17 anos, en Coín, en 2003. King foi condenado por ámbolos dous asasinatos e condenado a 55 anos de prisión.
Todo o proceso é coñecido popularmente en España como caso Wanninkhof. A condena de Vázquez foi catalogada como o maior erro xudicial na historia xurídica de España dende o crime de Cuenca" de 1910.[3]
Notas
editar- ↑ Antolín, Matías (18 de setembro de 2008). "El linchamiento de Dolores". Diario de Burgos (en castelán) (Burgos, Spain). Consultado o 20 de setembro de 2017.
- ↑ Rodríguez, Mercedes (17 de xuño de 2008). "'El Caso Wanninkhof', la historia de un linchamiento". El Diario Montañés (en castelán) (Santander, Spain). Consultado o 20 de setembro de 2017.
- ↑ 3,0 3,1 Gimeno Reinoso, B. (2008) La construcción de la lesbiana perversa: Visibilidad y representación de las lesbianas. GEDISA, 256 pages.
- ↑ Gómez, Luis (3 de xuño de 2013). "No hay perdón para Dolores Vázquez". El País (en castelán) (Madrid, Spain). Consultado o 20 de serembro de 2017.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- El Mundo, 18 de setembro de 2003 Xuízo adiado por novas probas (en castelán)
- 20 Minutos, 2 de febreiro de 2005 Dolores Vázquez exculpada de tódolos cargos (en castelán)
- La Rioja, 21 de decembro de 2006 Arquivado 01 de decembro de 2012 en Wayback Machine. Tony King declarado culpable (en castelán)