Dolores Vázquez Mosquera, nada en Betanzos o 3 de decembro de 1951, é unha cidadá galega que acadou notoriedade por ser vítima dun erro xudicial[1] nas primeiras décadas do século XXI en España.

Infotaula de personaDolores Vázquez
Biografía
Nacemento3 de decembro de 1951 Editar o valor em Wikidata (72 anos)
Betanzos, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Cronoloxía
1999Asasinato de Rocío Wanninkhof Editar o valor em Wikidata

O caso Wanninkhof editar

Dolores Vázquez traballaba nun hotel de Mijas a finais do século XX, cando se produciu a desaparición de Rocío Wanninkhof, unha moza de dezanove anos desa localidade e filla da súa anterior parella, Alicia Hornos. A rapaza saíra de noite o 14 de outubro de 1999 para ir ás festas de Fuengirola despois de estar en casa do mozo. Ao día seguinte a nai atopou nas proximidades da casa as zapatillas deportivas e restos de sangue da filla, co que a desaparición pasa a ser investigada pola Garda Civil. Despois de varias semanas de busca, a mediados de novembro aparece preto de Marbella o cadáver de Rocío Wanninkhof, que falecera por acoitelamento e a quen posteriormente queimaran.

As pescudas de culpables do crime centráronse nun primeiro momento no mozo da rapaza, e posteriormente en Dolores Vázquez. A pesar de que non existían probas[2], Vázquez foi detida e denegóuselle a liberdade provisional en dúas ocasións[3]. No xuízo, levado a cabo por un xurado popular, Dolores Vázquez foi condenada en 2001 por asasinato a quince anos de cárcere e a unha multa de máis de 100.000 . As referencias ao seu carácter galego[4] e á súa relación lésbica foron manexadas durante o xuízo, que tivo unha moi relevante repercusión nos medios e social[5]. Os seus avogados solicitaron a revisión da condena e decidiuse a repetición do xuízo en 2003.

O caso Carabantes editar

Pero antes da repetición do xuízo, volve producirse o asasinato dunha moza, Sonia Carabantes, en similares circunstancias e na mesma zona (neste caso, Coín). O ADN do asasino concidía co achado nunha cabicha de xunta o cadáver de Wanninkhof, pero que ata daquela non fora considerada como evidencia. Como consecuencia destas probas, a sentenza orixinal anúlase. Grazas á denuncia da súa exparella, a Garda Civil detivo a Tony Alexander King, un cidadán inglés que levaba dous anos establecido na Costa do Sol, e que tiña un historial de condenas no Reino Unido por violencia e delitos sexuais. King foi condenado tamén en España polos asasinatos de Sonia Carabantes e de Rocío Wanninkhof[6].

Dolores Vázquez permaneceu 17 meses no cárcere. Posteriormente exiliouse no Reino Unido[7].

Notas editar