Casimiro Vilares Quintana

mestre e guerrilleiro antifranquista galego

Casimiro Vilares Quintana,[1] coñecido como Barraqueiro, nado en Becerreá cara a 1912 e finado en Xixón o 26 de febreiro de 1942, foi un mestre e guerrilleiro antifranquista galego.

Infotaula de personaCasimiro Vilares Quintana
Biografía
Nacemento1912 Editar o valor em Wikidata
Becerreá, España Editar o valor em Wikidata
Morte26 de febreiro de 1942 Editar o valor em Wikidata (29/30 anos)
Xixón, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesBarraqueiro Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre , membro da resistencia Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Estudo maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela, rematando en 1931.[2] Foi mestre interino en Neira de Xusá (1932-1933). En 1936 era mestre interino na Horta (Agüeira). Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu. Foi destituído como mestre en setembro.[3] Encartado na causa 853/37 por rebelión e roubo a man armada, foi reclamado polo Xulgado Militar de Lugo en agosto de 1937.[4] Foi reclamado polo xuíz de Becerreá na instrución do expediente da Comisión Provincial de Incautación de Bens en decembro de 1937.[5] Volveu ser reclamado polo xuíz militar de Lugo acusado de auxilio á rebelión na causa 304/39 xunto con Antonio Ulloa Regueiro en abril de 1939.[6] Volveron ser reclamados polo Xulgado Militar de Lugo en xuño de 1939.[7] Como resultado do proceso de depuración do maxisterio foi separado do servizo e baixa na escala en febreiro de 1940.[8] Foi detido en 1940, ingresando na cadea de Lugo o 9 de febreiro. Foi trasladado ao cárcere de Oviedo o 25 de novembro de 1940. Xulgado en Xixón foi condenado a morte e fusilado o 26 de febreiro de 1942.[9]

Notas editar

  1. En ocasións transcrito como Casimiro Villares Quintana
  2. El Ideal Gallego, 4-11-1931, p. 8.
  3. La Voz de la Verdad, 6-9-1936, p. 2.
  4. BOP Lugo, 23-8-1937. p. 2.
  5. BOP Lugo, 11-12-1937, p. 2.
  6. BOP Lugo, 20-4-1939, p. 3.
  7. BOP Lugo, 16-6-1939. p. 2.
  8. BOP Lugo, 20-2-1940. p. 2.
  9. Víctimas de 1942 - Fosa Común de Oviedo

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar