Casimiro Hernández Calvo

político español

Casimiro Hernández Calvo, nado en Cerezal de Peñahorcada (provincia de Salamanca) o 15 de novembro de 1941, é un político español do Partido Popular. Foi alcalde de Vilvestre, vicepresidente primeiro da Deputación Provincial de Salamanca e senador electo por Salamanca.

Infotaula de personaCasimiro Hernández Calvo
Biografía
Nacemento15 de novembro de 1941 Editar o valor em Wikidata
Cerezal de Peñahorcada (España) Editar o valor em Wikidata
Morteabril de 2024 Editar o valor em Wikidata (82 anos)
Senador de España

Circunscrición electoral: provincia de Salamanca
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Popular Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria política editar

Foi senador por Salamanca na III lexislatura (1986-1989), por Alianza Popular (dentro de Coalición Popular), obtendo 68.025 votos e sendo o 4º senador máis votado por Salamanca. Desempeñou os cargos de vogal da Comisión de educación, universidades, investigación e cultura, vogal da comisión de regulamento e vogal da comisión mixta para as relacións co tribunal de contas.

Na IV Lexislatura (1989-1993, polo Partido Popular), obtivo 85.027 votos, sendo o senador máis votado por Salamanca. Desempeñou os cargos de vogal da comisión de obras públicas, ordenación do territorio e medio ambiente, urbanismo, transportes e comunicacións. Vicepresidente 2º da comisión de asuntos iberoamericanos.

Na V Lexislatura (1993-1996, polo Partido Popular), obtivo 107.891 votos, sendo o senador máis votado por Salamanca. Desempeñou os cargos de vogal da comisión de defensa, secretario 2º da comisión de obras públicas, medio ambiente, transportes e comunicacións. Membro de relatorios para informar sobre textos legislativos e vogal da comisión de asuntos iberoamericanos.

Na VI Lexislatura (1996-2000, polo Partido Popular), obtivo 122.405 votos, sendo o 2º senador máis votado por Salamanca. Desempeñou os cargos de vogal da comisión de obras públicas, medio ambiente, transportes e comunicacións. Viceportavoz da comisión de asuntos iberoamericanos.

Foi alcalde de Vilvestre antes de 1979 como alcalde franquista, entre 1979 e 1983 por Unión de Centro Democrático, e entre 1983 e 1987 por Alianza Popular. Nas eleccións de 1987 obtivo os 7 concelleiros por Alianza Popular. Nas eleccións de 1991 obtivo 6 dos 7 concelleiros polo Partido Popular.

Tamén foi vicepresidente primeiro da Deputación Provincial de Salamanca entre 1979 e 1992.

Vida persoal editar

Foi profesor de EXB e director do Colexio Público de Vilvestre. Está casado e ten dous fillos.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar