Casimiro Cubela
sacerdote e escritor galego
(Redirección desde «Casimiro Cubela García»)
Casimiro Cubela García, nado en San Xurxo de Sacos (Concello de Cotobade) o 2 de febreiro de 1908 e finado en Santa María de Trasmonte o 14 de agosto de 1986,[1] foi un sacerdote e escritor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de febreiro de 1908 San Xurxo de Sacos, España |
Morte | 14 de agosto de 1986 (78 anos) Trasmonte, España |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | sacerdote católico, escritor |
Traxectoria
editarEstudou Humanidades no colexio relixioso de El Espiño (Burgos) e despois Filosofía e Teoloxía no Seminario de Santiago de Compostela[2], onde coincidiu con Xosé Manuel Cabada e do que foi profesor auxiliar. Foi párroco de Santa María de Tomonde (1931), despois de Ribela e desde 1958 en Santa María de Trasmonte. Escribiu poemas en latín, galego e castelán, algúns deles publicados en Vida Gallega e Acción (Pontevedra). Sendo párroco de Ribela foi detido e procesado en 1948 por axudar á guerrilla e condenado a seis meses e un día de desterro[3].
Notas
editar- ↑ Necrolóxica en La Voz de Galicia, 15-8-1986, p. 53.
- ↑ El Noticiero Gallego, 25-8-1930, p. 1-2.
- ↑ Un cura represaliado: Casimiro Cubela.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- "CUBELA GARCÍA, Casimiro", artigo na Gran Enciclopedia Gallega