Casa dos Toubes

casa grande en Osmo, Cenlle

A casa dos Toubes é un pazo situado na parroquia de Osmo, no concello de Cenlle. Atópase illada e foi obxecto de moitas reformas posteriores á súa construción. Tamén é coñecida como a Casa de Outeiro. Sitúase na parte alta da aba do monte que domina as viñas no val do río Avia .

Casa dos Toubes
ConcelloCenlle
ProvinciaOurense
ComunidadeGalicia
Coordenadas42°22′29″N 8°05′52″O / 42.37477162575, -8.0978258141621Coordenadas: 42°22′29″N 8°05′52″O / 42.37477162575, -8.0978258141621
Estilo arquitectónico
editar datos en Wikidata ]
Detalle do escudo

Descrición editar

A casa atópase moi cambiada polas reformas realizadas ao longo do tempo. Conserva porén elementos testemuña da súa pasada grandeza.

Posúe planta rectangular con patio posterior ó redor do cal se xuntan as dependencias agrícolas: un alpendre de grandes dimensións sostido por piares poligonais e o cabaceiro.

A súa fábrica é de perpiaño rico e ben labrado e presenta dúas plantas. A fachada principal oriéntase a ao poñente, ten as dúas plantas divididas por unha imposta e todo o seu lenzo rematado por unha cornixa moldurada.

Na planta principal ábresen catro portas de aire con balaustrada de ferro e no centro, entre as xanelas, unha pedra de armas timbrada con helmo e cimeira e lambrequíns moi decorativos. No piso baixo ábrese unha gran porta alintelada cunha pequena ménsula decorada cunha cruz sobre o seu lintel. A fachada sur posúe as mesmas características.

A cuberta, a catro augas, leva tellado de tella e destaca unha cheminea de corte transversal trapezoidal con remates apiramidados con bola.

Historia editar

Esta casa foi coñecida como Casa do Outeiro e foi propiedade dos Toubes. No Catastro de Ensenada, don Félix de Toubes y Somoza posúe "una casa que auita de un alto con su cozina, caualleriza y bodega terrena en el lugar de Outeiro"

Véxase tamén editar

Outros artigos editar