Casa dos Espellos

Casa dos Espellos: Revista poliédrica da cultura galega é unha revista de investigación editada pola Asociación de Amigos do Parque do Pasatempo. Trátase dunha publicación de temática histórica e artística, centrada no estudo de Galicia con especial referencia ao seu pasado indiano e emigrante. Aborda do mesmo xeito o estudo do pasado histórico da vila de Betanzos.

Casa dos Espellos
PaísEspaña
Lugar de publicaciónBetanzos
Lingualingua galega
CategoríaHistoria
Fundación2018
FundadorAsociación de Amigos do Parque do Pasatempo
Primeira edición2018
Última edición2021
Desenvolvemento
EditorÁngel Arcay Barral
Circulación
ISSN2603-9583
editar datos en Wikidata ]

Historia e características editar


Casa dos Espellos é unha revista en código aberto, dispoñible para a súa consulta en liña e cuxo primeiro número saíu á luz en marzo do 2018. Dende o primeiro número presentáronse diferentes liñas de investigación novas no que respecta ao pasado das obras dos Irmáns García Naveira, á influencia do Val d´Osne no deseño das pezas do Parque do Pasatempo e ao coñecemento de fontes fotográficas[1], bibliográficas e arquivísticas sobre este asunto.[2]

A revista, en activo ata o ano 2021, estivo dirixida por Ángel Arcay Barral e Daniel Lucas Teijeiro Mosquera, dous dos investigadores betanceiros máis ligados ao estudo do xardín histórico do Parque do Pasatempo, declarado Ben de Interese Cultural no ano 2020. Entre os autores, destacan numerosos novos investigadores ligados á historia local betanceira, funcionando a publicación como unha porta de entrada de recén graduados ao mundo da investigación[3].

Xunto aos traballos, a revista destaca pola colaboración de numerosos ilustradores que se encargan de decorar cada un dos artigos, sendo os ilustradores José Souto, Mar Vieites, Diana Sobrado e Yosune Duo os encargados do deseño das catro portadas publicadas.

Entre os proxectos saídos desta revista, destaca a Biblioteca Dixital do Parque do Pasatempo[4].

Notas editar

  1. Pérez, Antares (2019-06-29). "O Pasatempo que intentó salvar Isaac". La Opinión de A Coruña (en castelán). Consultado o 2022-10-29. 
  2. Primeiro número da revista.
  3. "Presentación de la revista de investigación «Casa dos Espellos» en Betanzos". La Voz de Galicia (en castelán). 2018-04-27. Consultado o 2022-10-29. 
  4. "Biblioteca Dixital do Parque do Pasatempo". Biblioteca Dixital do Parque do Pasatempo (en castelán). Consultado o 2022-10-29. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Casa dos Espellos. Asociación de Amigos do Parque do Pasatempo. 2018.  Consultado o 29/3/2018. 

Ligazóns externas editar