Casa de Valois-Borgoña

Escudo de armas da Casa de Valois-Borgoña (duques de Borgoña).

A casa dos Valois-Borgoña é unha rama menor da dinastía Valois.

Os Valois-Borgoña, duques de Borgoña, tiveron a súa orixe cando Xoán II de Francia (tamén duque de Borgoña como Xoán I) entregou como feudo o ducado de Borgoña ao seu fillo menor, Filipe o Atrevido.

A política expansionista dos membros desta dinastía deu lugar ao poderoso Estado borgoñón na baixa Idade Media e o Renacemento.

Distínguese da Casa de Borgoña dos Capetos, descendentes de Roberto II de Francia, aínda que ambas as casas pertenceron á dinastía dos Capetos.

Lista dos duques de BorgoñaEditar

Véxase taménEditar