Carrero Bianco é unha banda galega de electropop fundada no ano 2009 en Ferrol. Ata a data leva publicados tres álbums e un EP.

Carrero Bianco
OrixeFerrol, Galicia Galicia
Período2009-presente
Xénero(s)electropop
Selo(s) discográfico(s)Ferror Records
MembrosCarlota Barro
Joaquín Bianco
Agostinho Bianco
Tony
Antigos membrosRocío Bianco
Blas Bianco
Na rede
Bandcamp

Historia

editar

A banda nace no ano 2009 en Ferrol formada por Rocío Bianco, Blas Bianco (membro de Triángulo de Amor Bizarro nos seus prmeiros tempos), Joaquín Bianco e Agostinho Bianco. O seu primeiro concerto foi no mes de setembro na Festa das Meninas de Canido.[1] En menos dun ano Carrero Bianco chegaría a tocar no Festival do Norte e no Vigo Transforma.[1]

O 10 de outubro de 2010 Carrero Bianco autoedita o seu álbum de estrea, Oferta de Lanzamiento, formado por oito temas e dúas remesturas, unha delas realizada por Projecto Mourente.[2]

En 2011 a batería Rocío Bianco e o baixista Blas Bianco deixan a banda e son substituídos por Tony (bases e sintetizadores) e Carlota Barro (batería electrónica).[1] Coa nova formación en xaneiro de 2012 publicaron o EP de seis temas Blister.[3]

No ano 2012 a banda colabora co tema "Horse Cum" no recompilatorio Galician Bizarre II.[4] O día 10 de setembro de 2013 Carrero Bianco autoedita o seu segundo álbum, Horror! Horror!, gravado en La Casa Bianco (Canido, Ferrol).[1][5]

En 2016 o grupo publicou a través do selo ferrolán Ferror Records o seu terceiro álbum, Ejército Celeste.[6] No ano 2017 o selo reedita Horror! Horror! nunha edición limitada en CD.[1]

Discografía

editar
Álbum Ano Selo
Oferta de Lanzamiento 2010 autoeditado
Blister 2012 autoeditado
Horror! Horror! 2013 autoeditado
Ejército Celeste 2016 Ferror Records
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "Carrero Bianco". La Fonoteca. Consultado o 8 de novembro de 2018. 
  2. "Oferta de Lanzamiento by Carrero Bianco". Bandcamp. Consultado o 8 de novembro de 2018. 
  3. "Blister by Carrero Bianco". Bandcamp. Consultado o 8 de novembro de 2018. 
  4. "Galician Bizarre II by VV.AA". Bandcamp. Consultado o 8 de novembro de 2018. 
  5. "Horror! Horror! by Carrero Bianco". Bandcamp. Consultado o 8 de novembro de 2018. 
  6. "Ejército Celeste by Carrero Bianco". Bandcamp. Consultado o 8 de novembro de 2018. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar