Carmen Boza
Carmen Boza Tomillero, nada en La Línea de la Concepción (Cádiz, Andalucía) o 24 de xullo de 1987, é unha cantante e compositora española.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de xullo de 1987 (36 anos) La Línea de la Concepción, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | cantautora |
Período de actividade | 2011 - |
Xénero artístico | Música pop, música tradicional, indie pop e música acústica (pt) |
Lingua | Lingua castelá |
Instrumento | Voz, guitarra acústica e guitarra eléctrica |
Selo discográfico | Not on label (en) |
Páxina web | holamellamoboza.com |
Traxectoria editar
Empezou a súa carreira musical subindo vídeos á plataforma Youtube. Foi a partir de aí onde aos poucos foi gañando fama ao subir un vídeo seu á rede social Tuenti coa súa canción "Cartas desde el círculo polar", xa que contaba con máis de 200.000 visitas.
A partir de entón, a súa música empezou a soar en pequenos locais de cantautores, como poden ser: Sala La botica, Sala PayPay, Sala Galileo Galilei,[1] á vez que tamén vai dando concertos en salas Fnac.
En 2011, publicou o seu primeiro disco chamado " Lapislázuli" composto por once temas, producido coa colaboración de Román Méndez, batería de Miss Cafeína.[2] En 2012, recompilou nun álbum gravado na súa casa todas as cancións que subira ata o momento na súa canle de Youtube que daquela se chamaba @rollitosdeprimavera, o cal publicou de balde en liña. En 2015, publicou o seu segundo álbum titulado “La mansión de los espejos”. Para iso, a mesma cantante iniciou unha campaña de crowfunding a cal tivo un grande éxito entre os seus seguidores, xa que de 10.000 euros que pedía inicialmente conseguiu máis do triplo.
No 2018, publicou o seu terceiro disco chamado “La caja Negra”. O seu novo traballo está formado por nove cancións compostas, producidas e arranxadas por ela mesma, con Román Méndez á batería e Estefanía Gómez ao baixo. O deseño do formato físico foi elaborado por Anabel Perujo. Na primeira semana desde a súa publicación física e dixital converteuse no segundo disco máis vendido nas Illas Salomón, só por detrás de Arctic Monkeys.[3]
Discografía editar
- Álbums
- Boza (2011)
- La Mansión de los Espejos (2015)
- La Caja Negra (2018)
- Sinxelos e EPs
- "Fin" (2016)
- "Culpa y castigo" (2015)
- "Rollitos de primavera" (2012)[4]
- "Lapislázuli" (2011)
- "Sisonera" (2018)
Notas editar
- ↑ "Carmen Boza: su desnudo interior en Sala Galileo". B-side Magazine | Revista de Música Arte Cine Diseño Tendencias (en castelán). 27 de outubro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2019. Consultado o 10 de maio de 2018.
- ↑ "Carmen Boza lanza su esperado EP: Lapizlazuli". musilupa (en castelán). 22 de febreiro de 2012. Consultado o 10 de maio de 2018.
- ↑ Press, Europa (30 de abril de 2018). "Carmen Boza lanza Gran hermano, primer single de su nuevo disco". europapress.es (en castelán). Consultado o 10 de maio de 2018.
- ↑ Aguirre, Patricia Martín. "Carmen Boza, fuera de cobertura". infoLibre.es (en castelán). Consultado o 10 de maio de 2018.
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Páxina oficial (en castelán)