Carlos Wilson Cachicote

futbolista portugués

Carlos Wilson Cachicote da Rocha, coñecido como Rudy, nado en Oeiras (Lisboa) o 1 de maio de 1989, é un futbolista portugués. Xoga de mediapunta e o seu equipo actual é o CF União.

Rudy
Rudy nun partido do Deportivo en 2013
Información persoal
Nome Carlos Wilson Cachicote da Rocha
Nacemento 1 de maio de 1989 (34 anos)
Lugar de nacemento Oeiras
Altura 1,87 m.
Posición Mediapunta
Información de club
Club actual Recreativo do Libolo
Número 13
Carreira xuvenil
2002–2003 Belenenses
2003–2004 Algés
2004–2005 Atlético CP
2005–2006 Oeiras
2006–2007 Tires
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2008–2009 Linda-a-Velha
2009–2010 Praiense 22 (1)
2010–2011 Atlético CP 32 (10)
2011–2013 Cercle Brugge 61 (16)
2013–2014 Deportivo da Coruña 18 (0)
2014Belenenses (cedido) 5 (0)
2014 Skoda Xanthi 7 (0)
2015– Recreativo do Libolo
Selección nacional
2014– Angola 6 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 23 de decembro de 2014.
Selección: actualizado a 26 de marzo de 2015.editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

O 23 de xullo de 2013 foi presentado como xogador do Deportivo da Coruña, cun contrato por 2 anos e unha cláusula de rescisión de 6 millóns de euros.[1] O 31 de xaneiro de 2014 anunciouse a súa cesión ao Belenenses. Tralo regreso da cesión na escuadra lusa rescindeu contrato co Deportivo ao non contar coa confianza do adrestrador Víctor Fernández para xogar no equipo herculino, asinando polo cadro grego do Skoda Xanthi.[2] A finais dese mesmo ano partiu cara a terra dos seus devanceiros para se unir ao Recreativo do Libolo, campión da liga angolana[3].

Selección nacional editar

A nai de Rudy é angolana e o seu pai é santomense. Isto permitiu que Rudy puidese xogar coa selección angolana, sendo convocado o 23 de maio de 2014 para os encontros amigábeis contra Marrocos e Irán[4], aínda que o seu debut tivo lugar o 3 de agosto fronte a Etiopía[5].

Palmarés editar

Recreativo do Libolo

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar